5. alfonsoalmendros_gz-en-1
20180206_11212620180207_16365520180206_11211820180207_163635

«To name a mountain»

24€

Depósito legal: OU 28-2018

ISBN 978-84-92958-44-3

2 despregables de 50 x 70 cm de 16 páxinas en cor [un deles en papel vexetal]
1 cuaderniño de 16 páxinas en cor
1 tríptico en B&N
1 díptico de 8 páxinas en cor
25 fotografías
Encadernación mediante tríptico envolvente en folding de 400 gr con tres corpos de cartoné de 2,5 mm encolados e todo suxeito por goma de 8 mm
Primeira edición: abril 2017

5 en stock

Código: 978-84-92958-44-3
Categoría:

«Na primavera de 1863, o paisaxista Albert Bierstadt emprendeu a súa segunda viaxe a través das Montañas Rocosas co seu amigo o escritor Fitz Hugh Ludlow.»

«Di a historia que durante a viaxe o pintor quedou deslumbrado ante a vista dunha descomunal montaña. Inmediatamente realizou un boceto onde unha escura e grisácea tormenta atravesa un horizonte imaxinario de cumios axigantados. Bierstadt titulou a súa obra «A storm in the Rocky Mountains, Mount Rosalie» en honor da muller do seu compañeiro de expedición. A obra resultante foi interpretada coma unha representación do tormento emocional en que Bierstadt se atopaba e a montaña, aínda sen nome, pasou a chamarse Mount Rosalie en honor da muller que Bierstadt amaba en segredo.»

«A gran maioría de críticos pensaron que Mount Rosalie era alta ata o imposíbel. A pintura e mais a obra de Bierstadt parecen falar sobre o desexo mais sempre a través do exceso e a transgresión dunha realidade que só resultaba suxerinte para o artista cando era dirixida pola súa imaxinación. A súa concepción da beleza oscilaba entre a exaltación sublime das súas emocións e o efectismo calculado das formas. Ambas as dúas nocións contraditorias, aínda que non é unha ousadía e unha frustración a partes iguais intentar alcanzar un cumio elevado? A pesar disto, o acto de nomear unha montaña é un feito cargado de poesía. Fálanos sobre o devezo de posesión e permanencia. Lémbranos, a través da creación, a memoria daqueles aos que amamos.»

Alfonso Almendros

Libro nº VIII da colección OF de Fotografía correspondente ao proxecto gañador na V edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que convocan a Asociación OF, Outono Fotográfico, a Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a área de Cultura da Deputación de Lugo coa colaboración de Afundación, Obra Social Abanca.

Peso 410 g
Dimensións 17.5 x 24 cm