Condicións Xerais de Contratación

Mediante este documento establécense as Condicións Xerais de Contratación do sitio difusora.org, que ten por obxecto a compravenda de produtos a Difusora de Letras, Artes e Ideas, S.L. (en diante, o Propietario), con NIF B-32286924 e domicilio sito en Rúa Bedoya 5, 1º dta. – 32004 Ourense e inscrita no Rexistro Mercantil de Ourense, Tomo 594, sección 8, folla OR-8067, por parte das persoas físicas e/ou xurídicas (en diante, Contratante) que manifesten a súa vontade de comprar os produtos que se poñen á súa disposición no sitio web difusora.org, mediante a solicitude realizada por medios electrónicos –concretamente, vía internet– a través deste sitio web titularidade do Propietario.

 

1. INFORMACIÓN PREVIA Á CONTRATACIÓN, DISPOÑIBILIDADE DAS CONDICIÓNS DE CONTRATACIÓN, ACEPTACIÓN DO CONTRATANTE, DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN POSTERIOR Á CONTRATACIÓN

As presentes Condicións Xerais de compravenda expóñense con carácter permanente no sitio web difusora.org, titularidade do Propietario, podendo todo usuario arquivalas, imprimilas e, polo tanto, estar previamente informado das condicións do prezo, características, dereitos e, en xeral, de todas as condicións en que se efectuará a compravenda.

Ademais, as presentes Condicións Xerais reitéranse xunto cun resumo da solicitude específica –produto específico contratado, custo con indicación de impostos se fosen de aplicación, custos de envío etc.– para a súa aceptación expresa por parte do Contratante –mediante un clic de “leo e acepto as condicións”– cada vez que se realice unha solicitude concreta de produtos a través do sitio web. O Contratante terá unha área segura á que accederá co nome de usuario e contrasinal que é onde se completa a compra e onde pode facer un seguimento dos seus pedidos.

Non é tecnicamente posible que o Contratante poida finalizar a solicitude de contratación sen que se produza a aceptación das presentes Condicións Xerais. Para que o Contratante poida efectuar esta aceptación e, polo tanto, realizar a solicitude, debe cubrir un formulario cos seus datos básicos onde realiza o pedido concreto, mediante o que acepta as presentes Condicións.

O Contratante, ao aceptar estas condicións dá o seu consentimento expreso e sen reservas para que o Propietario realice as operacións de cobro necesarias para a adquisición dos produtos que contrata, autorizando expresamente a Difusora de Letras, Artes e Ideas, S.L., para realizar os cobros nos métodos de pago que el mesmo seleccione e/ou introduza desde a área segura, habilitada ao efecto, de conformidade coa Lei 16/2009, de 13 de novembro, de servizos de pago.

As presentes Condicións Xerais unidas á solicitude específica realizada a través de Internet polo Contratante –condicións particulares– implican a formalización do contrato de compravenda entre o Propietario e o Contratante que declara ser maior de idade, ter capacidade suficiente para contratar e ter lido, entendido e aceptado as presentes condicións.

O Propietario, no momento de producirse a contratación e nun prazo non superior ás vinte e catro horas enviará á dirección de correo electrónico, que o Contratante especificou no formulario de rexistro como vía principal de contacto: confirmación do produto contratado, custo, con desglose de impostos si resultasen de aplicación, así como os custos de envío si son necesarios.

Calquera modificación posterior das presentes Condicións Xerais será por unha banda, notificada ao Contratante vía correo electrónico cun mes de antelación e por outro, expostas claramente nun lugar de fácil acceso no sitio web difusora.org. Toda a documentación sinalada anteriormente poderá ser impresa e arquivada polo Contratante e poderá solicitala en calquera momento ao Servizo de Atención ao Cliente vía correo electrónico remitido a info@difusora.org.

Calquera solicitude de información, ou reclamación que se estime pertinente, poderá dirixirse ao Servizo de Atención ao Cliente utilizando o correo electrónico info@difusora.org ou no teléfono 988 222 244.

 

2. OBXECTO DO CONTRATO

Polo presente contrato o Propietario comprométese a entregar ao Contratante os produtos que este solicite a través do sitio web difusora.org a cambio dun prezo certo e en atención ás condicións que a continuación se establecen.

 

3. DEREITOS E OBRIGACIÓNS DO PROPIETARIO

3.1. Entrega do produto. O Propietario comprométese a entregar o produto en perfecto estado na dirección que o Contratante sinale no formulario de pedido. O Propietario non será responsable polos erros causados na entrega cando os datos introducidos polo Contratante no formulario de pedido non se axusten á realidade ou sexan omitidos.

3.2. Responsabilidade do Propietario. O Propietario en ningún caso será responsable en relación con:

3.2.1.  Os erros, atrasos no acceso por parte do Contratante á hora de introducir os seus datos no formulario de pedido, a lentitude ou imposibilidade da confirmación do pedido ou calquera anomalía que poida xurdir cando estas incidencias sexan debidas a problemas na rede Internet, causas de caso fortuíto ou forza maior e calquera outra continxencia imprevisible allea á boa fe do Propietario. En todo caso, o Propietario comprométese a solucionar os problemas que poidan xurdir e a ofrecer todo o apoio necesario ao Contratante para chegar a unha solución rápida e satisfactoria da incidencia.

3.2.2. Dos erros ou danos producidos por un uso do servizo ineficiente e de mala fe por parte do Contratante.

3.2.3. Da non operatividade do correo electrónico facilitada polo Contratante para o envío da confirmación do pedido.

3.2.4. O Propietario ten a absoluta responsabilidade pola calidade dos produtos admitindo a devolución dos mesmos a condición de que estes sexan defectuosos ou non cheguen ao Contratante en correcto estado. O Contratante debe facer a reclamación da devolución a través do propio sitio web no seu apartado específico para poder facer un eficaz seguimento da incidencia.  O Propietario farase cargo, neste caso, dos gastos ocasionados como consecuencia de tal devolución sempre que o Contratante comunique este feito, no prazo máximo de catorce días naturais contados desde a data de entrega e o produto non sexa consumido nin alterado en ningún caso. O Propietario queda exento de toda responsabilidade en relación coas posibles roturas ou defectos do produto producidos logo da entrega do mesmo, así mesmo, o Propietario non terá ningunha responsabilidade en relación con aqueles produtos que sexan xa consumidos ou utilizados sen ningún tipo de incidencia por parte do Contratante que pretende realizar unha reclamación. O Contratante, antes de asinar a entrega do pedido deberá revisar que o produto que se entrega en perfecto estado, se dá a súa conformidade no momento da entrega enténdese por ambas partes que o produto foi entregado correctamente e que polo tanto, o posible deterioro prodúcese con posterioridade á súa entrega.

3.2.5. O Contratante renuncia expresamente a reclamar calquera responsabilidade contractual ou extracontractual polos posibles danos ou prexuízos derivados do sinalado anteriormente nesta cláusula. En todo caso, a responsabilidade do Propietario se incumpre o sinalado neste acordo segundo os termos das presentes condicións xerais limitarase á devolución do importe que, no seu caso puidese abonar o Contratante e sempre previa devolución por parte do Contratante do produto en cuestión.

 

4. DEREITOS E OBRIGACIÓNS DO CONTRATANTE

4.1. Pago. O Contratante comprométese a abonar o importe polo produto efectivamente solicitado na contía e forma seguintes:

4.1.1. Importe. A remuneración polo produto efectivamente solicitado polo Contratante será a sinalada no sitio web e a que figure na solicitude concreta do Contratante en cada momento, solicitudes que constituirán as condicións particulares do pedido concreto. Os prezos dos produtos que aparecen no sitio web aparecen sempre con impostos incluídos.
Ao prezo que figure no sitio web para cada un dos produtos ofrecidos haberá de sumárselle, se procede, os gastos de envío pertinentes. Ao tratarse de tarifas que en ningún momento aplica o Propietario, é necesario ter presente que as mesmas serán sempre as ofrecidas oficialmente pola empresa de transporte e que o Propietario non xerará ningún beneficio por estas tarifas comunicándolle o custo global tanto do produto como dos gastos de envío desglosados sempre previamente ao Contratante antes da confirmación pola súa banda da solicitude de compra. Estas tarifas dependerán do volume e peso dos produtos comprados, e da dirección de destino dos mesmos.

4.1.2. Formas de pago. O Contratante deberá abonar o importe correspondente ao produto contratado mediante os métodos de pago dispoñibles no sitio web.

4.2. Desistimento. Os produtos ofertados en difusora.org admiten dereito de desistimento en catorce días naturais desde a entrega do produto ou desde a contratación do servizo, a condición de que o produto sexa devolto nas mesmas condicións nas que foi entregado e asumindo os custos de devolución o Contratante –ver cláusula 3.2.4.– a non ser que o produto sexa entregado en mal estado ou deteriorado.

4.3. Responsabilidade do Contratante. En todo caso, será responsabilidade do Contratante:

4.3.1. O Contratante asume todos os riscos de deterioro, menoscabo, danos e perda dos produtos desde o momento en que estes fosen postos á súa disposición polo terceiro que, por conta do Propietario, realiza a entrega dos produtos solicitados.

4.3.2. O Contratante comprométese a comprobar o bo estado do produto ante o terceiro que, por conta do Propietario, realiza a entrega do produto solicitado, negándose á súa recepción en caso de presentarse este defectuoso.

 

5. RESOLUCIÓN DO CONTRATO
O Propietario e o Contratante poderán dar por resolto o presente contrato por calquera das causas que se establezan nas leis e en particular polo incumprimento das presentes Condicións Xerais.

 

6. DEREITOS DE AUTOR E MARCA
O Propietario informa que os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web difusora.org, así como os contidos dixitais publicados no mesmo, atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso do Propietario. O Propietario utiliza fontes externas para a elaboración dos seus artigos en determinadas ocasións e tamén establece links ou hiperenlaces a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referidas referencias. As marcas e dereitos de autor dos produtos que o Propietario vende a través do sitio web pertencen aos seus lexítimos propietarios.

 

7. XURISDICIÓN E LEI APLICABLE
As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Ourense, renunciando expresamente o Contratante a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

 

8. OUTROS
No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O Propietario poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte do Propietario.