Vontade de nación. Unha conversa con Anxo Quintana

«Vontade de nación. Unha conversa con Anxo Quintana»

10€

Depósito legal : OU 208-2008
ISBN: 978-84-936673-6-8
Colección Fluxos, n.º1
272 páxinas en negro e branco
Capas en cor
Encadernación en capa mole, con lapelas
Primeira edición: decembro de 2008

En stock

Código: 978-84-936673-6-8
Categoría:

A colección Fluxos que arranca con este libro constitúese en territorio editorial no que a experiencia, a sensibilidade, as emocións -en definitiva, o vivir e o saber de dúas persoas- poidan fluír interactuando mediante o sosegado exercicio da conversa, coa palabra como único instrumento para a evocación e a construción de imaxinarios ou a confrontación de ideas.

Vontade de nación. Unha conversa con Anxo Quintana representa un elegante exercicio de creación política entre Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galicia e Xosé Luís Barreiro, ex-Vicepresidente da mesma institución, que desde posicións ideolóxicas non concordantes foron quen de pensar Galiza en voz alta para todos nós.

VER MOSTRA EN PDF

Peso 397 g
Dimensións 15,5 x 19 cm