Aviso Legal

Difusora de Letras, Artes e Ideas SL, con domicilio na rúa Bedoya, 5 – 1º dta 32004 Ourense, con CIF B32286924, representada por Xavier Paz Garza, con NIF 34949579 K, pon a disposición no seu sitio web difusora.org determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de Difusora de Letras, Artes e Ideas SL por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñense ao USUARIO no sitio web difusora.org en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación.

Difusora de Letras, Artes e Ideas SL está inscrita no Rexistro Mercantil de Ourense, 3 de abril de 2002 Tomo 594, sección 8, folla OR-8067.

O acceso ao sitio web de Difusora de Letras, Artes e Ideas SL implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que no mesmo se ofrecen para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

 

PRIMEIRA – CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

1.1. A utilización do sitio web de Difusora de Letras, Artes e Ideas SL non ocasiona a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, a non ser que este USUARIO desexe utilizar a base de datos de artigos existentes en difusora.org onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico; esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos e intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc. Expresamente Difusora de Letras, Artes e Ideas SL prohibe os seguintes:

1.1.1. Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo, por calquera medio, calquera tipo de dano aos sistemas de Difusora de Letras, Artes e Ideas SL ou a terceiros.

1.1.2. Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (spaming) ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (mail bombing).

1.2. Difusora de Letras, Artes e Ideas SL poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detectara un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais –ver cláusula quinta.

 

 SEGUNDA – CONTIDOS

Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:

2.1. Difusora de Letras, Artes e Ideas SL utilizando fontes internas e externas de tal xeito que Difusora de Letras, Artes e Ideas SL unicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.

2.2. Difusora de Letras, Artes e Ideas SL resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

 

TERCEIRA – DEREITOS DE AUTOR E MARCA

Difusora de Letras, Artes e Ideas SL é unha marca rexistrada. Queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca de Difusora de Letras, Artes e Ideas SL, que inclúe tanto o nome coma o logotipo, salvo consentimento expreso de Difusora de Letras, Artes e Ideas SL. Quedan reservados todos os dereitos. Ademais, o sitio web de Difusora de Letras, Artes e Ideas SL –os contidos propios, a programación e mais o deseño do sitio web– encóntrase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de Difusora de Letras, Artes e Ideas SL.

 

CUARTA – XURISDICIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Ourense, renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

 

QUINTA – En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade da mesma das presentes condicións. Difusora de Letras, Artes e Ideas SL poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non ocasionará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de Difusora de Letras, Artes e Ideas SL.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento e aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies