Quen somos?

Difusora de Letras, Artes e Ideas, SL é unha empresa con sede en Ourense, nacida para a creación, promoción e difusión de produtos culturais e editoriais en calquera soporte.

Está constituída por profesionais relacionados co mundo da animación sociocultural e do libro; polas súas mans pasan unha parte das cuestións culturais de relevancia en Ourense e en Galiza: Outono Fotográfico, Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, Premio Benito Losada de Banda Deseñada, colección Auria do Concello de Ourense, colección Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Foros Internacionais do Feísmo, colección de catálogos de arte Alterarte, relecturas actualizadas das producións de Faustino Santalices ou Eduardo Blanco Amor, investigacións etnográficas e sociográficas…

O obxectivo da Difusora de Letras, Artes e Ideas é abordar cunha nova perspectiva os sectores cultural e editorial galegos, con accións e publicacións atentas á realidade do noso país, coidadas e rigorosas do punto de vista conceptual, lingüístico, gráfico e editorial que prima a acción de grupo e a socialización do coñecemento.

Difusora produce ademais por encargo cando este encaixa na súa filosofía fundacional.

Composición do equipo editorial:
Director: Xavier Paz
Consello editorial: Nicole Carpentier, Anxo López e Alberte Pérez
Dirección de Arte: Silvia Belmonte, Adriana Pérez e Xosé Lois Vázquez
Dirección de Fotografía: Alba Vázquez Carpentier