Labregos no franquismo Economía e sociedade rural na Galiza interior As «hermandades sindicales» en Ourense (1943-1978)

«Labregos no franquismo Economía e sociedade rural na Galiza interior As “hermandades sindicales” en Ourense (1943-1978)»

15€

ISBN: 84-933890-8-0
Colección Eidos, n.º 4
200 páxinas en branco e negro
Capas en cor
Encadernación en capa mole, con lapelas
Primeira edición: xullo de 2006

4 en stock

Código: 84-933890-8-0
Categoría:

Prólogo de Luís Domínguez Castro

A interacción entre o campesiñado galego e a ditadura de Franco apenas ten sido exposta desde o ámbito da Historia. Partindo das fontes documentais proporcionadas por institucións locais do réxime e as testemuñas de vida recollidas entre as xentes do agro ourensán da época constrúese unha análise que transcende a descrición de fenómenos particulares.
Esta obra integra as conclusións do traballo investigador referido coas grandes cuestións do devir do agro galego durante a ditadura: a fin da agricultura tradicional, desde a fame de posguerra até a industrialización a base de encoros, cooperativas, caixas de aforro e emigración; a represión e o control sociopolítico do campesiñado; as relacións entre os burócratas e os falanxistas locais (os titulares das sindicais) e a paisanaxe, que discorren entre a adaptación e a resistencia da comunidade campesiña a uns procesos impostos que, como acontece decote, non se consideraban desde a perspectiva do labrego.

Anxo Collarte Pérez (Campo Redondo, Ribadavia, 1978). Estudou Historia en Ourense e licenciouse en 2000. Trasladouse a Compostela, onde obtivo a suficiencia investigadora en Historia Contemporánea, campo no que continuou traballando como bolseiro. Desde 2004 exerce a docencia na educación secundaria.
Conta cunha decena de artigos divulgados en congresos e revistas científicas (Murguía, Tempo Exterior, Estudis d’Història Agrària), e colaborou co proxecto do Museo do Viño de Galiza.
A historia agraria e social do país galego no franquismo centrou o seu labor investigador, que se reflicte neste volume.

Peso 300 g
Dimensións 15,5 x 19 cm