Laisser Faire. Os incendios en Galiza. Testemuños 2004 - 2006

«Laisser Faire. Os incendios en Galiza. Testemuños 2004 – 2006»

35€

ISBN: 84-9352239-2
ISBN: 978-849352239-1
Colección Colapso, n.º 2
396 páxinas en catro e unha tinta
Capas con golpe en seco, estampanción metálica e tinta serigráfica
Encadernación en capa mole con lapelas
Primeira edición: outubro de 2007

5 en stock

“Pero vamos a ver! Chámao agora!”
“Hai que encontrar a motobomba!”
“Coidadocoidadocoidado!! Coidado!!”
“Que saquen aí a motobomba que teñen alí, que a traian para aquí, que non está facendo nada!!”
“Trae para acá!” –cóllelle o walkie.
“Ei..!!! Bota aí auga!! Auga a presión a tope!!!”
“E preparade outra mangueira, hai que preparar outra mangueira…!! Espera! Dálle para atrás!”
“Tira!! Tira para alá, tira! Corta!! Corta!”
“Está cortada, está cortada!!!”
“Vale!!”
“Auga, auga!! Presión!!! Eh…!!! Dálle presión!!!”
“Dálle forza!! Dálle un pouquiño, anda!”
“Así. Ei, ei!”
“Dálle máis!!”
“Eh! Eh!” –asubíos–. “Espera!! Yosi, espera!!”
“Coidado!!”
“Ehh!!!”

En forma de apuntamentos, fotografías e entrevistas, Alba Vázquez Carpentier achegouse, nunha investigación desenvolvida entre 2004 e 2006, ao sector máis directamente ligado co tema dos incendios, o do persoal encargado da prevención e a loita contra o lume forestal.

A través das conversas e as observacións desta reportaxe, no libro podemos encontrar claves sobre as causas do lume en Galiza, e tamén do estado actual das medidas postas en xogo polas distintas administracións de cara á prevención e a extinción. É, pois, unha visión poliédrica do panorama, en que persoas dos máis diversos medios involucrados —membros de brigadas, vixilantes, técnicos forestais, pilotos de hidroavión e helicóptero…— comentan as dificultades para o desenvolvemento do seu labor e a súa visión sobre causas e posíbeis solucións dun problema que leva afectando Galiza desde hai demasiado tempo.

Alba Vázquez Carpentier (Ourense, 1982) é técnica superior de imaxe pola Escola de Imaxe e Son da Coruña. Realizou as gravacións videográficas das últimas obras do grupo Sarabela Teatro, e das edicións máis recentes da MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario, Ourense). Para a Difusora ten realizado as reportaxes gráficas dos libros A Romaría da Saínza: mouros e cristiáns (con textos de Delfín Caseiro), Catálogo de músicos da Limia: música tradicional (coordinado por Cástor Castro), Nunca Máis: a voz da cidadanía I (do cal é autora con Xavier Paz), e Feísmo? Destruír un país (no que elaborou a parte gráfica do volume, novamente coa colaboración de Xavier Paz).

VER MOSTRA EN PDF

Peso 1280 g
Dimensións 24 x 23 cm