Contos de ida e volta

«Contos de ida e volta / Cuentos de Ida y vuelta / Stories that come and go / Contes d’aller-retour»»

10€

Depósito legal: OU 146-2008
ISBN: 978-84-935963-8-5
Colección Literal, n.º3
152 páxinas en negro e branco
Capas a tres tintas
Encadernación en capa mole, con lapelas
Primeira edición: xullo de 2008

Código: 978-84-935963-8-5
Categoría:

Coordenación da obra Pablo Carpintero e Anxo Fernández Ocampo

23 contos galegos tradicionais traducidos a castelán, inglés e francês.

A idea de movemento que suxire o título desta escolma agocha un dobre misterio: primeiro o misterio de como é que o pouso algo oriental dos contos se dá lido no fondo da paisaxe diversa de montes, bosques e lugares de Galicia ou, dito doutro xeito, o misterio da recomposición, por parte da sociedade galega tradicional, dos temas que forman o depósito dos contos populares en Europa e alén de Europa, e que lles resultarán próximos aos lectores e ás lectoras desta publicación. Ademais está o misterio do destino dos seus personaxes, que por arte da tradución e mediante a complicidade de quen viaxe con esta publicación, perpetuarán a súa busca de fortuna polo mundo adiante.

VER MOSTRA EN PDF

Peso 238 g
Dimensións 15,5 x 19 cm