Cátedra Filgueira Valverde. Estudos de investigación. Convocatorias 2008-2009

«Cátedra Filgueira Valverde. Estudos de investigación. Convocatorias 2008-2009»

15€

Depósito legal: OU 91-2010
ISBN: 978-84-92958-00-9
Colección .doc, n.º 9
224 páxinas en negro e branco
Capas en cor.
Encadernación en capa mole, con lapelas
Primeira edición: xuño de 2010

4 en stock

Código: 978-84-92958-00-9
Categoría:

Textos de José M.ª Cancela Carral, Pilar García Soidán, Herminia Dios Poceiro, Juan José Crespo Salgado, Francisco Comesaña, Iria Vieira, Pablo Casal Núñez, Carlos Lago Peñas, Juan Fernando de Laiglesia, M. E. López de Silanes, Susana Domínguez, Daniel Martí, María Luz Álvarez, Julia Armesto, Alexandre Novo, Belén Riveiro, Mercedes Solla, Fernando Rial, Pedro Arias, Henrique Lorenzo, Fernando Serrulla, Vicente Romo Pérez.

Un ano despois do pasamento de Xosé Filgueira Valverde, escritor, intelectual e investigador que foi membro da Real Academia Galega e conselleiro de Cultura nos albores da Xunta de Galicia, Presidente do Consello da Cultura Galega, así como fundador do Seminario de Estudos Galegos e do Museo de Pontevedra, a Universidade de Vigo e Caixanova (entón Caixa de Pontevedra) asinan un convenio para a creación da Cátedra Filgueira Valverde a fin de difundir a actividade investigadora dun campus con tantas posibilidades no ámbito das humanidades, o ensino, o deporte, a comunicación e o medio natural como é o de Pontevedra.
Este intento de promover o labor cultural e escudriñador no campus de Pontevedra albergou nos últimos anos múltiplos seminarios, cursos e proxectos de estudo, aos que cómpre engadir a convocatoria de premios e bolsas para a catalogación da biblioteca e arquivo persoal do profesor Filgueira Valverde.
Con todo, esta Cátedra ten como obxectivo prioritario apoiar a investigación nos campos máis variados, polo que dende a súa creación apoiou traballos sobre temas tan diversos coma a actividade física e deportiva do alumnado universitario, a preparación para a busca de emprego, a calidade de vida das persoas maiores, a escultura contemporánea desde o aspecto docente, a conservación das ruínas de Santo Domingo, comunicación corporativa das empresas galegas ou aplicación médico forenses das técnicas xeomáticas.
O presente volume, que continúa na liña xa iniciada fai dous anos, contén os traballos máis salientables realizados durante os últimos anos ao abeiro desta Cátedra.
Agardamos que a lectura deste libro sexa do seu agrado e favoreza o seu coñecemento sobre os estudos que se realizan nas facultades e escolas universitarias de Pontevedra, un campus que medra ano a ano e no que se están a desenvolver algúns dos mellores traballos académicos de toda a Universidade de Vigo, situando a cidade de Pontevedra á vangarda investigadora galega tal e como arelaba Xosé Filgueira Valverde.

Cátedra Filgueira Valverde

Peso 332 g
Dimensións 15,5 x 19 cm