Roteiros culturais por Ourense

«Roteiros Culturais por Ourense»

18€

Depósito legal: OU 2001
ISBN: 978-84-936673-7-5
96 páxinas en cor
Capas en cor
Encadernación en capa mol
+ Estuche de 17 x 13 cm con 10 mapas-guía
Edición bilingüe galego e castelán
Primeira edición: decembro 2008

4 en stock

Código: 978-84-936673-7-5
Categoría:

Roteiros culturais por Ourense

Dirección José García Calvo “Willy” (rutas e material cartográfico) e Mª Beatriz Vaquero Díaz (edición e elaboración da guía histórica).

Esta publicación, que auspician o INORDE (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico) e a Vicerreitoría do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), nace coa finalidade de dar a coñecer a estudantes, universitarios e á cidadanía en xeral, a peculiar beleza que encerra a provincia de Ourense a través dos seus monumentos, singulares paisaxes, canóns fluviais, flora e cantos elementos compoñen a Galicia do interior, compaxinando o xa coñecido como “turista viaxeiro” con percorridos por vieiros, corredoiras, camiños rurais e pistas que, dende distintos puntos da provincia, nos conducen a lugares tan emblemáticos como os elexidos nesta publicación.

Cremos que o título desta guía “Roteiros Culturais pola Provincia de Ourense” é o suficientemente explicativo da finalidade que se pretende conseguir: o solaz do corpo e da alma; e esperamos que sexa recibida con interese e agrado por aqueles que se propoñan percorrer os camiños que nela se describen.

O equipo de traballo intentou aunar tradición e progreso ao utilizar os procedementos propios do noso século XXI (G.P.S., foto aérea, cartografía actualizada…) para elaborar unha guía-axuda eficaz que conduza aos
amantes da ruta e da historia hacia estas verdadeiras xoias da arte medieval e moderna que compoñen o legado histórico-artístico da Provincia de Ourense.

Peso 579 g
Dimensións 24 x 23 cm