Portada-libro-Lycan-Fundation
IMG_1238IMG_1239IMG_1253IMG_1251IMG_1252IMG_1242IMG_1244

«ROMASANTA. Tras os pasos do lobishome»

29€

Depósito legal: OU 88-2019

ISBN 978-84-92958-55-9

144 páxinas das que 45 son en cor con 2 despregables

122 imaxes entre fotografías e documentación, 38 a toda cor

Encadernación tapa dura ao cromo, lombo cadrado, cantos vistos

Primeira edición: novembro 2020

 

En stock

Código: 978-84-92958-55-9
Categoría:

 

Este libro volta sobre a historia do lobishome máis famoso para alén das nosas fronteiras. En 2009 unha auténtica revolución mediática ocupou xornais e espazos televisivos cunha noticia que sorprendía ao público e crispaba aos investigadores patrios: un americano resolvía un dos capítulos máis negros da historia galega. Ivort Macsaw descubría os restos dos corpos das vítimas de Romasanta que permaneceran escondidos durante case dous séculos.

Manuel Blanco Romasanta (1809-1863) foi o único caso de licantropía rexistrado na xustiza do Estado Español, que o considerou asasino en serie, o primeiro do que existe rexistro documental. No imaxinario colectivo coñécese como Lobishome, Lobo da Xente, Home do Unto, Sacamanteigas ou Sacauntos. Os rumores da época aseguraban que matou ás súas vítimas (todas elas mulleres e os seus fillos) para extraerlle a súa graxa e vendela na botica portuguesa.

Ivort Macsaw chega á Galiza en novembro do ano 2000 para estudar in situ o caso de Romasanta. Ivort, antropólogo de formación, foi un dos máis destacados investigadores da Lycan Foundation (Michigan, EUA).

Esta publicación, de xénero mixto, recolle unha minuciosa escolma de textos dos cadernos de apuntamentos do americano, transcricións de audios, documentos e até recortes de prensa. Con todo, a linguaxe novelística convérteo nun libro para todos os públicos.

Destaca a portentosa selección de fotografías que, malia teren sido feitas para o traballo de campo, son aquí apresentadas como un fotolibro que, alén de ilustrar o texto, conseguen ter unha narrativa propia, a particular mirada do autor, capaz de nos levar ao territorio de Romasanta, a alta montaña da Galiza do século XIX.

Investigación, creación, mixtión… sobre todo, esencia do fotográfico. Libro nº XI da colección OF de Fotografía

Peso 585 g
Dimensións 17 x 23 cm