«Posesións para un esquecimento», Daniel Díaz Trigo

«Posesións para un esquecimento»

24€

Col. OF I
Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Depósito legal: OU 115-2014
ISBN: 978-84-92958-23-8
88 páxinas en cor
Encadernación en capa mole, con lapelas
Primeira edición: abril 2014

4 en stock

Código: 978-84-92958-23-8
Categoría:

I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

O Festival Outono Fotográfico, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia convocaron en 2013 a 1ª edición do PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA. [Máis información sobre o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea]

Concorreron autoras e autores de 10 países e o traballo gañador foi
 «Posesións para un esquecimento» de Daniel Díaz Trigo, que queda recollido neste libro homónimo. Segundo di o propio autor “o proxecto é unha viaxe subxectiva ao microcosmos persoal e cotián” ademais dunha viaxe nun pequeno territorio, a Terra Chá luguesa. Traballou nel máis de sete anos. Mestura o peso documental implícito desde o nacemento da fotografía, coa plasticidade e conceptualidade que o medio acadou co paso ao eido das grandes artes. O proxecto pretende pór de manifesto unha harmónica conxunción entre memoria colectiva e íntima, un paseo pausado polas lembranzas e o esquecemento, mais tamén polo seu territorio, acoutado nuns poucos quilómetros segundo di Vitor Nieves coordinador do Premio e curador da exposición.

O proxecto consta de catro apartados: O Campo, A Colonización, As torres do Arneiro e O Manicomio. O libro, de 88 páxinas, con 6 despregables e 32 fotografías, se completa cunha reflexión do autor titulada Detrás do Tempo e textos de Ângela Mendes Ferreira, curadora, directora dos Encontros da Imagem de Braga [Portugal], Manuel Sendón, curador, director do Grupo de Investigacións Fotográficas da Universidade de Vigo e do proxecto Inéditos, co-director do Centro de Estudos Fotográficos e Vítor Nieves, coordinador do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, curador da exposición e coordinador da Sección Oficial do Outono Fotográfico.

«Posesións para un esquecimento», Daniel Díaz Trigo

Peso 487 g
Dimensións 23 x 23 cm