Nunca Máis. A voz da cidadanía. Tomo 1

«Nunca Máis. A voz da cidadanía. Tomo 1»

30€

ISBN: 84-933176-2-4
176 páxinas
Capas e interiores en cor
Encadernación capa mol, con lapelas
Primeira edición: maio de 2003

4 en stock

Máis de 1.500 fotografías e documentos que reflicten o movemento social desenvolvido en Galiza despois do afundimento do Prestige.

O desastre provocado polo afundimento do petroleiro Prestige deu nacemento a un movemento cidadán sen precedentes en Galiza. A través deste libro pretende reflectirse o alcance dunha nova dinámica social que di nunca máis ás mareas negras, pero tamén a un estilo de facer as cousas. Centos de fotografías e documentos de todo tipo son ofrecidos, neste primeiro tomo, como exemplo da rica e imaxinativa resposta que espontánea e auto-organizadamente xurdiu no país galego nos seis primeiros meses desde a catástrofe.

«Nunca se deu tanta creatividade concentrada na posta en escena dun novo país, un espléndido despregue de inventiva e imaxinación sen precedentes reflectido neste traballo de campo exhaustivo, amplo e representativo da obra que todos e todas construímos para salvármonos da queima, para esconxurar o chapapote, para celebrármonos como pobo cunha cultura diferenciada.»

Uxía Senlle

«Dende o primeiro asalto do Prestige, sempre pensei que Nunca Máis era o bisté de moral que necesitaba o pobo galego.»

Manuel Rivas

VER MOSTRA EN PDF

Peso 450 g
Dimensións 24 x 30 cm