Retratos

«Retratos»

6€

Depósito legal: OU 208-2009
ISBN: 978-84937421-7-1
Colección Auria, n.º 10
124 páxinas en dúas tintas
Capas en tres tintas
Encadernación en capa mole con lapelas
Primeira edición: decembro de 2009

5 en stock

Terceira entrega da serie Retratos, do fotógrafo Eduardo Núñez. Cada unha desas entregas está separada por dez anos, un decenio, das demais. A primeira fora en 1989, co título de Retratos con escena propia, e figurara no programa do Outono Fotográfico, como sucedería cos seguintes traballos, en 1999 e neste 2009. A segunda deu lugar a un libro, Retratos/Eduardo Núñez: Dez anos de vida cultural en Ourense, publicado como número dous da Colección Auria do Concello de Ourense, en que se facía un repaso, a través de distintos artigos asinados por diferentes autores, ás diversas facetas culturais da cidade e a súa evolución nese lapso de tempo.

Nestas mostras, o artista fai o seguimento dun grupo de ourensáns vinculados ao mundo da cultura en distintos campos: teatro, plástica, literatura, música, xornalismo… A deste ano é xa, claramente, un estudo do paso do tempo, que resolve Eduardo Núñez cunha colección de impecable técnica e contundente forza, á que axuda o branco e negro característico de toda a serie.

Acompañan ás fotografías tres traballos doutros tantos fotografados: Afonso Vázquez-Monxardín fai un repaso á cultura ourensá nesta última década; Manolo Figueiras dá unha visión desde fóra da cidade, desde a distancia; e, por último, Marcos Valcárcel reflexiona sobre o sorriso na fotografía, a partir das súas imaxes realizadas por Eduardo Núñez para esta serie.

Peso 363 g
Dimensións 19 cm