2014-maio-carpe_diem

«Carpe Diem (Nos axiomas do naZionalcatolicismo)»

10€

Depósito legal: OU 151-2014
ISBN: 978-84-92958-24-5
160 páxinas en negro e branco
Encadernación en capa mole, con lapelas
Primeira edición: maio 2014

5 en stock

Código: 978-84-92958-24-5
Categoría:

Axioma I: O terceiro estadio do Capitalismo é a Totalidade Ausente, o Deus-sive-natura de Spinoza —qui Deum mat, conari non potest, ut Deus ipsum contra amat. Axioma II: En Pegar a un meniño, S. Freud pregoa que o fantasma non é máis que unha frase. Erotema lacaniano: —Que tipo de frase é o fantasma fundamental? Resposta: O fantasma fundamental é ese tipo de frase que en lóxica chámase axioma. Axioma III: Velaí o mítico retrinco de ver: Diana —a Virxe María— é a deusa que esixe que o Outro sexo fique como Outro. Diana é a que refuga ao home —ao raparigo voyeur—. Diana é o fascinum do fantasma. Acteón é o cativo pailán igiturano quen de angoniar ao virgo dunha deusa! Obviamente, esta faino desaparecer á minuta devorado polos seus cans. Xa que logo, corpo humano e corpo político quedan identificados.
Carpe diem quixera se-la ilustración dunha imaxe canónica de Freud na que describe o ataque histérico dun suxeito —o autor— cuxa pantomima consistiría en dous movementos contrarios: cunha man aferra o seu vestido —a embriaguez anamnésica e a experiencia aureática benjaminiana— e coa outra quítao. Isto é típico do fantasma histérico, porque a histeria compórtase á vez coma una muller e coma un home. Por que non representar a un Acteón cego? Vae soli!

Peso 248 g
Dimensións 15.5 x 19 cm