Desprazamentos de XoséM. Buxán Bran
Capas ext/int de Desprazamentos de XoséM. Buxán Bran

«Desprazamentos. A viaxe como unha das Belas Artes»

6€

Col. eidos 13
Depósito legal: OU 338-2014
ISBN 978-84-92958-26-9
80 páxinas
Encadernación en capa mole con lapelas completas
Primeira edición: decembro 2014

10 en stock

Código: 978-84-92958-26-9
Categoría:

Desprazamentos reúne un conxunto de crónicas publicadas no seu día polo autor como críticas de arte en diversas cabeceiras da prensa galega. Na súa dobre condición de crítico e turista, Xosé M. Buxán Bran ofrécenos nestas páxinas un percorrido por variados espazos expositivos, compartindo co lectorado a súa interpretación das tendencias artísticas actuais. As súas crónicas, escritas dende unha ollada aguda e amena, combinan o ensaio sobre o proceso creativo, a arquitectura, a produción ou a xestión cultural, coas experiencias vividas polo autor no seu periplo persoal.

O libro propón así unha andaina demorada por cidades e países, ofrecendo reflexións sobre arquitecturas e museos, pezas artísticas, creadores e coleccionistas, xestores culturais e políticos, coa finalidade de se converter nunha sorte de guía heterodoxa que acompañe as viaxeiras e os viaxeiros desexosos de descubrir os museos e centros de arte contemporánea que existen polo mundo. Barcelona, Londres, Bilbao, Montreal, Lisboa, Valencia, Porto, Madrid, París, Roma, León, Atenas, Nova York, Dublín, Huesca, Copenhaguen, Xenebra, Xixón, Kassel, Venecia, Münster ou Liverpool, son algúns dos destinos desta proposta que guiará o viaxeiro cultural e promoverá a reflexión no estudoso da arte.

Peso 135 g
Dimensións 15.5 x 19 cm