Venres 16 de maio de 2008, ás 12.30 horas, no Paseo, en Ourense
Difusora de Letras, Artes e Ideas xunto coas librerías Eixo, Tanco e Torga, as editoriais Duendebux e Linteo e os escritores Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Camilo Franco, Francisco Fernández Naval, Xerardo Méndez, José Mª Pérez (Chesi) e Marcos Valcárcel, presentaron a iniciativa que permaneceu nunha carpa no Paseo durante os días 16, 17 e 18, na que se desenvolveron distintas actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas. Está é a primeira manifestación pública dun novo colectivo que nace a prol do libro en Ourense.