«PIORNEDO. Unha comunidade de alta montaña dos Ancares» Clodio González Pérez e Xoán Ramón Marín Martínez

Habilite esto para permitir que solo se compre uno de estos artículos en un solo pedido
Habilite esto para permitir que solo se compre uno de estos artículos en un solo pedido

Depósito legal: OU 90-2015
ISBN 978-84-92958-33-7
216 páxinas bitono
154 debuxos
114 fotografías
Encadernación en capa mole lapelas de 10 cm
Primeira edición: abril de 2015

26,00 

7 dispoñibles

SKU 978-84-92958-33-7 Categoría #

Descrición

Habilite esto para permitir que solo se compre uno de estos artículos en un solo pedido
Habilite esto para permitir que solo se compre uno de estos artículos en un solo pedido

«No último cuarto do século XX e no que vai do primeiro do século XXI, o mundo rural da Galiza sufriu unha transformación que o cambiou para sempre traducida no abandono de innumerables lugares que foron quedando deshabitados, baleiros de persoas e dos usos que, durante os séculos anteriores, albergaran e tiveran de xeito case inalterable. Nese decurso sinistro que converte casas en ruínas, pérdese tamén un xeito de ser e facer, uns trazos culturais definidos e únicos que esmorecen no eido do inmaterial do mesmo xeito que se deteriora o seu continente físico.

Ante esta situación na que a perda do uso social orixinario e a non aparición dun moderno condena á extinción a cultura material e o seu correspondente legado inmaterial, González Pérez continúa, incansable, no seu traballo etnográfico. Un traballo acompañado nesta obra cos excelentes e fermosos debuxos de Xoán Ramón Marín Martínez que, cando menos perpetúan o coñecemento da súa existencia. É un traballo profundo feito con moito respecto. Unha viaxe a través das ferramentas, do gando, das edificacións e dos usos correspondentes e combinados desta cultura material; da súa viaxe a través dos séculos; da súa significación e riqueza lingüística. Logo de atender o val do Rao, González Pérez mira os cumios das montañas para continuar no seu labor de consolidar referencias perdurables do mundo que neles habitou representadas en abundantes fotografías e nos debuxos de Marín.» Mario Outeiro Iglesias

Información adicional

Peso 1266 g
Dimensións 22,5 × 23,7 cm

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento e aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies