Descrición
Ourense constitúe unha referencia para a historia do cinema en Galicia ao acoller dous salientábeis acontecementos como foron o nacemento dun cinema galego na década dos trinta, onde xurdiron figuras tan destacadas como Carlos Velo, Xosé Suárez e Antonio Román, e o (re)nacemento do cinema galego nos anos setenta, coas tantas veces lembradas Xornadas do Cine que abriron camiños para o moderno sector audiovisual.