Descrición
Premios Abrente de Textos Teatrais 2020
Director da serie Roberto Pascual
O tsunami, Marcos Abalde Covelo
«Como rexenerar o dexenerado? Este podería ser o desafío que resta despois de asistir ao impacto devastador de O tsunami, texto co que Marcos Abalde acadou en 2020 o Premio Abrente de Textos Teatrais e que agora temos o pracer de presentar.
Nun momento no que padecemos as consecuencias derivadas da de-gradación sistemática e desapiadada do medio natural en forma de pandemia, no que os proxectos eólicos se multiplican por toda a pai-saxe, no que as iniciativas de explotación mineira emerxen sen tregua por todo o territorio e os parques naturais volveron arder até perder a súa figura de protección, non resulta estraña a escolla que fai o autor da lagoa de As Pontes para enmarcar esta comedia de riso acedo que el propio subtitula como ‘postindustrial’ e que se move entre o cer-tificado da aniquilación, o asolagamento da memoria e da conciencia crítica e a voz de alerta dirixida cara a algún tipo de esperanza. Des-pois de todo, detectar o monstro pode axudar a combatelo.»
Extracto do prólogo de Vanesa Sotelo [Alimentar o monstro]






