Fendas – Todo sobre Eva Esther F. Carrodeguas, Premio Abrente de Textos Teatrais 2015

Depósito legal: OU 30-2018
ISBN 978-84-92958-45-0
92 páxinas
Encadernación en capa mole con lapelas completas
Primeira edición: febreiro 2018

6,00 

3 dispoñibles

SKU 978-84-92958-45-0 Categoría #

Descrición

Premios Abrente de Textos Teatrais 2016
Director da serie Roberto Pascual

Fendas, Ernesto Is

«Nesta confrontación dos tempos de inicio de dúas etapas histórico-políticas contrapostas no mesmo espazo e na mesma familia, Ernesto Is consegue amosar a traxedia da vida, e sobre todo a traxedia do silencio cando este vén imposto, cando o silencio é calar, cando de tanto calar, morre o regueiro. Prevénnos así sobre o cambio cando o cambio está máis no desexo ca nas formas; prevénnos, tamén, sobre a impotencia das accións persoais cando o sistema impón non só as súas leis senón sobre todo os seus silencios.»

Extracto do prólogo de Esther F. Carrodeguas
Dramaturga e membro do xurado do XI Premio Abrente de Textos Teatrais
Todo sobre Eva, Xandra Táboas

«O texto como pretexto foise metamorfoseando nos corpos e obxectos, tornouse brúxula, potencia e palabra silenciada, até afondar nunha realidade que impregna e conduce tan fondo que resulta aterrador entrar. Fomos paseniño, desfollando a cebola coa respiración contida, ao intuír axiña o que quixeramos agochar: TODAS SOMOS EVA. Todas nós formamos parte do epicentro da violencia: as nosas veciñas, as nosas compañeiras, as nosas amigas, as nosas nais, as nosas coñecidas e descoñecidas. Comprendimos en primeira persoa a transmisión xeracional que a sociedade patriarcal nos impuxo e viaxamos á época das nosas avoas, deixando que os anos 50 se infiltrasen no traballo, aquel tempo no que elas sufriron a súa primeira violación.»

Extracto do prólogo de Diana Mera
Directora da posta en escena de Todo sobre Eva, estreada na 33ª edición da MIT Ribadavia, o día 20 de xullo de 2017 no Auditorio Manuel María.

 

 

Información adicional

Peso 160 g
Dimensións 19 × 15,5 cm

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento e aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies