«A Galiza de Bóveda. Actas – 2003»

Depósito legal: OU 218-2009
ISBN: 978-84-937421-8-8
Colección .doc, n.º 7
496 páxinas en branco e negro
Capas en bicolor
Encadernación en capa mole
Primeira edición: decembro de 2009

20,00 

5 dispoñibles

SKU 978-84-937421-8-8 Categoría #

Descrición

Presentamos aquí as actas do Congreso A Galiza de Bóveda, encontro desenvolvido no 2003, ano en que se celebrou o centenario do nacemento do galeguista Alexandre Bóveda Iglesias (Ourense, 1903-A Caeira, 1936).

Este congreso representou un importante fito para o coñecemento dun home poliédrico de grande talento. E é que, se ben é certo que até aquela altura había diversas obras sobre Bóveda, non é menos certo que nunca se abordara a súa figura desde tan diversas perspectivas.

Así, pois, os traballos e ponencias aquí compiladas reconstrúen a actividade e entrega daquel facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, deportista, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e secretario xeral do Partido Galeguista e, ante todo, bon e xeneroso, entregado á causa galega, como el gostaba dicir.

Cátedra Alexandre Bóveda
(2009)

Información adicional

Peso 682 g
Dimensións 15,5 × 19 cm

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento e aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies