IV certame benito losada de banda deseñada

Un ano máis, o grupo inicial impulsor das Xornadas de BD da Asociación Proxecto Benito Losada desenvolveu esta XXVII edición seguindo o desexo expresado polo propio Benito que foi quen as ideou e organizou dende a Casa da Xuventude de Ourense, hoxe desmantelada.

A permanencia do Certame Benito Losada de Banda Deseñada era o noso grande desafío eparece conseguida dende o ponto de vista da participación: 20 autores/as que enviaron 22 traballos -aumentando nun 25% o nível de participación respecto de 2014-. Foron analisados e avaliados por un xuri composto polo libreiro especializado Ricardo Rodríguez do «Sindicato del Cómic», o guionista e especialista en BD Carlos Rafael, a ilustardora e profesora na academia «El Atelier» Lucía Pérez, e, actuando como secretario sen voz nin voto, un representante da Asociación Proxecto Benito Losada.

As/os premiadas/os son:

na categoria para maiores de 17 anos até os 35

-1° Premio: Victor L Pinel / Alicia Jaraba Abellan por "Pendulum" - 900€
-2° Premio: Alicia Jaraba Abellan por "Superheroes" - 300€
Mención de Honra para: Elisabet García Aires por "Chejov",
Mención de Honra para: Pablo A. Rosendo por "s/título",
Mención de Honra para: Xulia Pisón Egea por "A única maneira"


na categoria para menores de 17 anos

-1° Premio: Breixo Mosquera Freire por "Volvendo á rutina" - 300€
Mención de Honra para: Carlos Fandiño Soto por "A abella e o dardo",
Mención de Honra para:Iria Couso Buján por "s/título",
Mención de Honra para: Ismael López Arias por "Antón e Cibrán"

Parabéns a todas/os elas/es e a quenes participaron.