OURENSE, 4 AO 18 DE OUTUBRO DE 2011
exposicións
actividades
horarios, enderezos, entidades
EXPOSICIÓNS

Homenaxe a Benito Losada

Exposición colectiva dedicada á memoria de Benito Losada, o finado director da Casa da Xuventude e coordinador deste evento dende os seus inicios. Varios autores de cómic galegos, colaboradores habituais do festival, cederon páxinas de distintos momentos das súas carreiras, nas que condensan a súa traxectoria no medio e fan unha retrospectiva da historia das propias Xornadas, deixando patente a figura de Losada como mecenas dunha xeración de debuxantes que triunfan aquí e no estranxeiro. Con obras do Frente Comixario, Diego Blanco, Hugo Covelo, Sergio Covelo, Manel Cráneo, José Domingo, Alberto Guitián, Javi Montes, Miguel Porto, Bernal Prieto, Emma Ríos, Miguel Robledo, Brais Rodríguez, Roque Romero, David Rubín, Alberto Vázquez e Jano Viñuel.

Na Casa da Xuventude

10 anos de Polaqia

Tributo ao colectivo Polaqia, un dos grupos de autores de cómic galegos máis activos nesta última década, que anunciou a súa disolución para finais de 2011. Exposición orixinalmente exhibida no edificio Normal da Universidade da Coruña o pasado verán que reflicte os 10 anos de traballo deste colectivo e que marcou o comezo das súas actividades de despedida. Con orixinais de Hugo Covelo, Emma Ríos, Álvaro López, Luis Sendón, Brais Rodríguez, José Domingo, Diego Blanco, Sergio Covelo, Kike Benlloch, Bernal Prieto, David Rubín e Roque Romero


No Museo Municipal

Certame de Cómic
e Ilustración Injuve 2010


Gañadores e seleccionados do certame organizado anualmente polo Instituto de la Juventud (Injuve). Inclúe as obras de Mireia Pérez, Brais Rodríguez, José Antonio Casal, Raquel Aparicio, Juan Díaz-Faes, Pablo Esteban Soto, Néstor Fernández e Alvaro Nofuentes na modalidade de cómic, e de Camille Vannier, Antoni Hervás, Raquel Saiz, Adolfo Serra, Iratxe López, Andrea Fernández, Julia Sainz e Marta Altés na de ilustración.


No Museo Municipal