OURENSE, 1 A 18 DE OUTUBRO DE 2009
exposicións
actividades
horarios, enderezos, entidades
EXPOSICIÓNS


«Sobras maestras», de Miguel Brieva
Miguel Brieva (Sevilla, 1974) é un artista cuxo estilo de crítica mordaz contra o sistema se reflicte en obras como Dinero, Enciclopedia Clismon ou El otro mundo. Parte desas páxinas e das súas colaboracións en medios como El Jueves, La Vanguardia, El País, Rolling Stone ou Mondo Bruto aparecen nesta mostra organizada polo colectivo Red de Cómics e Cajasol.

No Museo Municipal


Juanjo Sáez
Juanjo Sáez (Barcelona, 1972) é autor dos libros Viviendo del cuento e El Arte, conversaciones imaginarias con mi madre, e máis recentemente do libreto que acompaña o último disco do grupo Los Planetas, Principios Básicos de Astronomía. Na súa exposición fai tamén un repaso á súa traxectoria como autor de BD, publicista e ilustrador.
www.juanjosaez.com

No Museo Municipal


«Cuaderno de tormentas», de David Rubín
Orixinais do último libro de David Rubín, publicado por Planeta-DeAgostini Cómics. Rubín (Ourense, 1977) é un dos autores máis destacados do panorama da BD actual, con obra publicada en galego, español, francés e italiano. Aos seus álbums El circo del desaliento e La tetería del Oso Malayo seguiron este Cuaderno de tormentas e mais dúas adaptacións literarias, Romeo y Julieta e El monte de las ánimas, de inminente publicación.
>http://detripas.blogspot.com

No Museo Municipal


Certamen de Cómic e Ilustración Injuve 2008
Exposición do certame organizado anualmente polo Instituto de la Juventud. A edición de 2008 inclúe obra de Alejandro Antoraz, Rayco Pulido, Brais Rodríguez, Raúl Ariño (premio), Martín López Lam (premio), Igor Fernández (accésit), Germar & Jodoca (Study H.) (accésit) e Jorge Parras (accésit) na modalidade de cómic, e de Carlos Arrojo, Kika Hernández, JM Ken Niimura, Raquel Aparicio (premio), Gina Marie Thorstensen (premio), Marta Antelo (accésit), Mar Hernández (accésit) e Pepón Meneses (accésit) na de ilustración.

No Museo Municipal


«Fanzine Enfermo»
Unha vintena de debuxantes españois e foráneos déronse cita no Fanzine Enfermo, publicación independente de oito números que viron a luz entre 2003 e 2007. Despois de ser nomeada en varias ocasións, gañou en 2008 o premio ao mellor fanzine no Saló del Còmic de Barcelona. Este ano foi recompilado nun volume integral por Astiberri Ediciones (Enfermo), que inclúe material inédito. A mostra recolle, ademais dun vídeo documental sobre o seu proceso creativo, e traballos de Alberto Vázquez, Félix Díaz —ambos impulsores da publicación—, Jorge Parras, Luis Demano, Lola Lorente, Daniel García, Brais, Luci Gutiérrez, Pau Masiques, Iván Brunetti, Carlos Maiques, Fermín Solís, Jano, David Rubín, Clara-Tanit, Miguel Porto, Sascha Hommer e Martín Romero, entre outros.
www.geocities.com/fanzinenfermo/

Na sala Alterarte do Campus de Ourense


All-Girlz
O proxecto All-Girlz é unha iniciativa orientada a presentar e promover novas ilustradoras e guionistas portuguesas de banda deseñada.Coordinado por Daniel Maia, inclúe as publicacións All-Girlzine, All-Girlz Galore e All-Girlz Banzai, e componse única e exclusivamente de traballos femininos (só é permitida a presenza de autores masculinos se é en colaboración con autoras). Esta exposición mostra algunhas das autoras do fanzine: Rosa Baptista, Ana Biscaia, Inês Casais, Claudia Dias, Ana Freitas, Joana Lafuente, Sara Mena Gomes, Marta Monteiro, Susa Monteiro, Sonia Oliveira, Joana Pereira, Selma Pimentel, Carla Pott, Andreia Rechena, Joana Sobral e Kati Zambito. Mostra realizada coa colaboración do Festival de BD de Beja.
http://all-girlz.blogspot.com/

Na Casa da Xuventude


GZcrea Banda Deseñada 2009
Obras gañadoras da edición deste ano do concurso convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, cunha dotación de 5.500 euros en premios. A mostra inclúe páxinas de Brais Rodríguez (1.º Premio), Diego Campos Omil (2.º Premio) e Laura Velasco Vázquez (3.º Premio), ademais das da BD a cargo de Miguel Ángel Rocha Casavella, seleccionada tamén para a exposición.
http://www.gzcrea.net

Na Casa da Xuventude


Viñetas descubertas. Certames galegos 2000-2008
Repaso á obra dos autores gañadores dos concursos máis relevantes en Galicia: os convocados pola Dirección Xeral de Xuventude (Imaxe Artística, Na Vangarda, GZcrea) e pola Deputación da Coruña (Premio Castelao). Inclúe páxinas a cargo de Marcos Calo, Mariano Casas, Cosme, Jacobo Fernández, Jano, Juan Luis Pérez, Martín Romero, David Rubín e Antonio Seijas. Mostra organizada pola Consellería de Cultura e Turismo para o posto oficial galego no Saló del Còmic de Barcelona 2009.

No Auditorio Municipal


Miña terra galega
Composta por historias creadas para a ocasión por oito autores galegos, reflexionando acerca dos tópicos relacionados con Galicia. Obras de Diego Blanco, Manel Cráneo, José Domingo, Alberto Guitián, Emma Ríos, Kiko da Silva, Iván Suárez e Alberto Vázquez. Mostra organizada pola Consellería de Cultura e Turismo para o posto oficial galego no Saló del Còmic de Barcelona 2009

No Auditorio Municipal