OURENSE, 4 A 22 DE OUTUBRO DE 2006
exposicións
actividades
horarios, enderezos, entidades
EXPOSICIÓNS
Manel Fontdevila e Albert Monteys

Autores de «La Parejita» e «Tato», respectivamente, e conxuntamente da serie «¡Para ti, que eres joven!», todas elas no semanario El Jueves, ambos teñen gañado por separado varios premios no Saló del Còmic de Barcelona: por exemplo, Fontdevila polo álbum Mantecatos (Glénat, 2003) e Monteys polo primeiro recompilatorio de Carlitos Fax (Ediciones El Jueves, 2005).

 

No Museo Municipal
Alberto Vázquez

Promotor do prestixioso Fanzine Enfermo, e gañador de varios dos premios outorgados pola Xunta de Galicia e polo Injuve, ten publicado os álbums Alter ego (Polaqia, 2002), Freda (con Kike Benlloch, Edicions de Ponent, 2000) e máis recentemente Psiconautas (Astiberri, 2006).

No Museo Municipal

Máis información http://www.albertovazquez.net

Cinco anos de Polaqia

Repaso aos diversos autores publicados baixo o selo Polaqia durante os seus primeiros cinco anos de existencia. Con obra de Kike Benlloch, Bernal, Diego Blanco, Hugo Covelo, Sergio Covelo, José Domingo, María Lado, Álvaro López, Pablo Pérez, Emma Ríos, Brais Rodríguez, Roque Romero e David Rubín.



No Museo Municipal

Máis información http://www.redegalega.org/polaqia
Certamen Injuve de Cómic e Ilustración 2005

Inclúe obras dos premiados na modalidade de Cómic (Alfonso Alonso, José Luis López Rubiño e Alejandro Romero Reche, Ana Bellido, Félix Díaz, J. M. Ken Niimura, Jorge Parras, Miguel Porto e Nicolay Troshchinskiy) e na de ilustración (Monserrat Batet, Martín López Lam, Marta Antelo, Carlos Arrojo, Silvia Bautista, María Betrán, Diego Blanco, June Crespo, Mar Hernández, Kira Oriola e El Profesional del Hambre).

No Museo Municipal

Máis información http://www.redegalega.org/polaqia


«GZcrea 2006». Certame Galego
de Creadores Novos. Banda Deseñada


Gañadores e obras seleccionadas do novo concurso convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, con 5.500 euros en premios.


No salón da Casa da Xuventude

Máis información http://www.gzcrea.com


«Black Box Stories»

Adianto da serie que Devir comezará a publicar en España e Portugal a finais de outubro, con guións de José Carlos Fernandes e o traballo gráfico de Luís Henriques, Roberto Gomes, Manu, Susa Monteiro, Ken Niimura, Miguel Rocha e Vítor Hugo.


Na Sala de Exposicións da Casa da Xuventude
II Premio Castelao de Banda Deseñada

Pranchas do álbum gañador (Un home feliz, escrito e debuxado por Antonio Seijas) do premio convocado pola Deputación da Coruña, cuxo xurado estivo composto por Manuel Lourenzo, Jorge Zentner, Rubén Pellejero e David Rubín.


No Edificio Politécnico
Delicatessen: Miguel Porto

Miguel Porto é un dos máximos exploradores das posibilidades expresivas da banda deseñada en Galicia. Nesta ocasión ofrécenos unha micro-exposición de dez pranchas seleccionadas por el para a ocasión.


Na Biblioteca do Campus

Máis información http://mporto.blogspot.com