Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

As Xornadas de Banda deseñada de Ourense celébranse dende hai 25 anos e están na orixe do sector da BD en Galicia.
 

2013 • XXV Xornadas de Banda Deseñada

Exposicións
Historias de Galiza 1-2-3. 100 orixinais do 5 autores da colección
19 anos do Fanzine das Xornadas. Exposición de orixinais e facsímilares.
Exposición de premios 1º Certame Benito Losada de Banda Deseñada
Cómic Injuve 2012. Gañadores e seleccionados do certame organizado anualmente polo «Instituto de la Juventud» (Injuve) do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad y Ministerio de Cultura.

Actividades
Premio Ourense de BD 2013 á mellor iniciativa no panorama da BD galega.
Edición do nº 20 do Fanzine das Xornadas
II Certame Benito Losada de Banda Deseñada

«O Fanzine das Xornadas 2013»

Publicado co motivo das XXV Xornadas de BD de Ourense contén un resumo-balance das mesmas.
Ademais reseñas do 1º Certame Benito Losada de BD, Historias de Galiza, proxecto editorial dirixido polo propio Benito, os premiados no 2º Certame Benito Losada de BD, colaboracións de Henrique Torreiro e Manolo Figueiras e as seccións habituais do fanzine.

Se acompañará o envío coa edición limitada e numerada de 300 exemplares do pliego de imprenta que reproduce po 1º premio do II Certame Benito Losada de Banda Deseñada da categoría maiores de 17 anos de Xulia Vicente.

VISITAR A WEB
CONSEGUIR A PUBLICACIÓN


 

2012 • XXIV Xornadas de Banda Deseñada

Exposicións
Novela Gráfica Galega 2011. 140 debuxos orixinais de 7 autores.
Certame de Cómic Injuve 2011. Gañadores e seleccionados do certame organizado anualmente polo «Instituto de la Juventud» (Injuve) do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad y Ministerio de Cultura.

Actividades
Premio Ourense de BD 2012 á mellor iniciativa no panorama da BD galega.
Creación do Certame Benito Losada de Banda Deseñada
Edición do Fanzine das Xornadas nº 19

«O Fanzine das Xornadas 2012»

Publicado co motivo das XXIV Xornadas de BD de Ourense contén un resumo-balance das mesmas. Este ano adicado á novela gráfica galega, 7 expléndidas produccións de sendos 7 expléndidos ilustradores.

Inclúe publicación singular numerada que contén o cómic de Cristian Fojón Caruncho gañador do I Certame Benito Losada de Banda Deseñada dotado con 1.000 € de premio.

VISITAR A WEB
CONSEGUIR A PUBLICACIÓN