XIII-PREMIO-ABRENTE-Portada-«o-día-no-que-bicar-a-terra»-de-Avelina-Pérez
XIII-PREMIO-ABRENTE-«o-día-no-que-bicar-a-terra»-de-Avelina-Pérez_Página_2XIII-PREMIO-ABRENTE-«o-día-no-que-bicar-a-terra»-de-Avelina-Pérez_Página_1

O día no que bicar a terra

6€

Depósito legal: OU 211-2019
ISBN 978-84-92958-51-1
84 páxinas impresas a 1/1 tintas
Encadernación en capa mole cosida ao fío con lapelas completas
Primeira edición: xullo de 2019

2 en stock

Código: 978-84-92958-51-1
Categoría:

Premios Abrente de Textos Teatrais 2018
Director da serie Roberto Pascual

O día no que bicar a terra, Avelina Pérez

O día no que bicar a terra é un exemplo representativo do universo escénico de Avelina Pérez. Nos seus textos atopo constantemente inclinacións chave que desenvolven o devir dos acontecementos metateatrais: a rebelión, a desobediencia, a resistencia, a consciencia…

A través dunha estrutura repetida paseamos cun sentido do humor irónico, escuro e, ás veces, ata cruel, polos pensamentos da autora e directora que nos proporciona as instrucións para levar a cabo esta peza (im)posible de representar.

Para min, se se me permite, Avelina Pérez é unha das autoras da escena contemporánea imprescindibles, unha compañeira de viaxe, un ser humano que abandeira as súas contradicións como parte do seu proceso de evolución, vital e profesional. Comprometida co social, o político e o humano, a través do seu humor brutal colócanos fronte a un espello para que nos devolva a imaxe real e transformada do que somos.

Atreverse a mirar non é sinxelo, pero si necesario.

Extracto de IDEAS PARA UN PRÓLOGO de Raquel Hernández

 

Deste texto, e en xeral da maneira de escribir/vivir de Avelina Pérez, gustaríame destacar un gusto que compartimos, o gusto pola dirección contraria por se acaso, refutar o aprendido, atender ao pensado e entender o imposible como mapa para atravesar un territorio hostil. A experiencia e a experimentación como medio de transporte.

En O día no que bicar a terra lemos a unha Avelina buscona, ulindo paixóns, furgando no lixo ata atopar un sorriso para unha festa triste e vital. Atopámola atravesando a fronteira do posicionamento, para chegar ao absurdo e ridiculizar. Chea de sentido do humor, capaz de escribir unha gargallada debaixo duns ollos deses que se asomaron tantas veces á vida sen adornos.

Extracto do prólogo  DESDE O LUGAR MÁIS OFENDIDO
DO CEREBRO de Pedro Fresnada

 

Peso 151 g
Dimensións 19 x 15.5 cm