«GZcrea 2006» O Certame Galego de Creadores Novos

«GZcrea 2006. O Certame Galego de Creadores Novos»

ISBN: 978-84-453-4349-4
68 páxinas en catro tintas
Capas en catro tintas
Encadernación en rústica
Distribución: Xunta de Galicia
Primeira edición: outubro de 2006

Código: 978-84-453-4349-4
Categoría:

Na súa modalidade de Banda Deseñada, o Certame Galego de Creadores Novos «GZcrea 2006», buscaba traballos inéditos, de técnica e temática libres e cunha extensión mínima de dez páxinas, realizados nos formatos DIN A4 ou DIN A3.

O xurado —que se reuniu o 2 de outubro de 2006 nos locais da Casa da Xuventude de Ourense— foi presidido polo subdirector xeral de Xuventude e Solidariedade, Eduardo Mato, e estivo formado por Agustín Fernández Paz, Xaquín Marín, Carlos Portela, Kiko da Silva e Henrique Torreiro; Benito Losada actuou como secretario sen voto. O 1.º Premio (dotado con 3.000 euros) foi concedido a Juan Luis Pérez Rodríguez, pola obra «Gárgolas»; o 2.º Premio (dotado con 1.500 euros), a Cosme Fernández González, pola titulada «02:32 AM»; e o 3.º Premio (dotado con 1.000 euros), a Alberto Vázquez Rico, pola obra «Mozos Mouchos». Nesta edición engádense tamén os dous traballos finalistas, que foron expostos, xunto cos gañadores, na mostra incluída —ao igual que o acto de entrega dos premios do certame— no programa das XVIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Ditos traballos finalistas son «Os nomes esquecidos», de Jerónimo Piñeiro de Castro, e «Calquera día», de Carlos Alfonzo Fernández.

Dimensións 22 x 30 cm