«Environments» Jon Gorospe
Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

22€

Depósito legal: OU 14-2017

ISBN 978-84-92958-39-9

64 páxinas en cor

30 fotografías

98 frames

Encadernación tapa dura

Primeira edición: marzo 2017

En stock

Código: 978-84-92958-39-9
Categorías: ,

«As series que conforman «Environments» son o resultado de mirar non tanto os desperdicios como o modo en que os movemos dunha contorna a outra, expulsándoos do noso contexto máis inmediato para integralos nese ámbito -ou punto cego- do que non deben volver.»

«Da bolsa de lixo ao vertedoiro, atopámonos ante un tenaz proceso de ocultamento. Ocúltase aquilo que non se asume, ocúltase a obscenidade do decrépito e da morte, encóbrese aquilo que, do outro lado, continúa co seu proceso de putrefacción, coa súa toxicidade incrementada e ameazante: non hai bolsa, contenedor ou camión de residuos transparente. Como na culminación dun truco óptico, asistimos á desaparición do traumático en forma de camuflaxe, de escamoteo ou veladura. Nas imaxes que seguen non veremos os desperdicios, a inmundicia, a hez, senón o escuro abismo que nos protexe delas: a opacidade que as oculta.»

Textos extraídos  de «UN SISTEMA DE BALIZAS PARA O DESPERDICIO» de Rubén ängel Arias publicado no libro.

Libro nº VII da colección OF de Fotografía correspondente ao proxecto gañador na IV edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que convocan o festival Outono Fotográfico, a Secretaría Xeral da Xunta de Galicia e a área de Cultura da Deputación de Lugo.

Share on FacebookTweet about this on Twitter
Peso 400 g
Dimensións 17.5 x 24 cm