As Crónicas de Gáidil. Onde remata o mundo, comeza a aventura. O xogo de rol de fantasía castrexa.

«As Crónicas de Gáidil. Onde remata o mundo, comeza a aventura. O xogo de rol de fantasía castrexa»

18€

ISBN: 978-84-935963-0-9
Colección Anova, n.º 1
120 páxinas en branco e negro
Capas en cor
Encadernación en capa mole, con lapelas
Primeira edición: outubro de 2007

Esgotado

Código: 978-84-935963-0-9
Categorías: ,

Os tempos son chegados… O trono de Breogantia en perigo. As terras dos lugóns ameazadas. As costas de Artabria en chamas. A beiramar tamarca arrasada. As ruelas de Libredón inzadas de inimigos… Os contos dos Guéghel falan de grandes heroes. Has ser quen de formar parte da lenda?

As crónicas de Gáidil é un xogo de rol cunha ambientación de fantasía castrexa, onde os xogadores vivirán aventuras encarnando grandes guerreiros, poderosos druídas, escuros cazadores do Sidhe ou mesmo ocultos Fir Bolg, Fomoriáns malignos ou Mariños do Mar do Solpor. Este xogo conta cunha ambientación propia e un sistema de xogo completo co que poderás comezar a xogar desde xa. Tan só precisas de papel, lapis, goma, uns cantos dados de seis caras e unha manchea de amigos para compartir as túas aventuras. Benvido a Gáidil!

Pablo Fernández Otero (Compostela, 1977) e Nacho Rodríguez Domínguez (Ferrol, 1973) coñecéronse cursando Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Foi entón cando as ideas de creación de sistemas de xogo e de ambientacións variadas de rol dos dous converxeron en unha: o desenvolvemento dun xogo de rol enteiramente en galego, mesturando lendas da nosa Galiza con lendas de todos os países que nalgún momento tiveron contacto coa Cultura Celta. O resultado foi As crónicas de Gáidil.

Víctor Rivas  (Vigo, 1965), debuxante de longa carreira profesional, é o encargado de ilustrar este mundo imaxinario, como resultado dun intenso traballo cos autores do xogo. A traxectoria de Rivas está ligada ao mundo do cómic (con colaboracións en xornais e revistas como Atlántico Diario, El País de las Tentaciones, Golfiño, BD Banda ou Míster K) e ao da ilustración, con experiencia ademais en aventuras gráficas e animación.

VER PDF

Peso 693 g
Dimensións 23 x 30 cm