Sanfonices: concerto homenaxe a Faustino Santalices. A zanfona na Galiza no s. XXI

«Sanfonices: concerto homenaxe a Faustino Santalices. A zanfona na Galiza no s. XXI»

Depósito legal: OU 219-2012
CD audio
Primeira edición: novembro de 2012

Este disco foi gravado por unha vintena de zanfonistas como homenaxe creativa e interpretativa a Faustino Santalices, figura fulcral no proceso de recuperación de usos e espazos para zanfona na Galiza contemporánea.

Sanfonices foi o nome do concerto celebrado no Auditorio Municipal de Ourense o dia 26 de febreiro de 2011 do que saíu este disco que inclúe temas gravados ao vivo e en estudio. A selección de intérpretes foi decidida en ámbitos e momentos diferentes. Unha primeira correspondeu aos dinamizadores quen seleccionaron dez zanfonistas que podían conformar un grupo de referencia e representativo do traballo colectivo dos últimos vinte anos; unha segunda escolla correspondeu aos proprios zanfonistas a quen se lles pediu e encomendou que apadriñasen a participación doutros dez intérpretes. O resultado é este disco con vinte gravacións que recollen unha mostra fiel e fiábel dos diferentes estilos, técnicas, tendencias, repertorios e organoloxías da zanfona que conviven e combinan na Galiza de inicios do século XXI.

01 Pancho Álvarez
Romance de Don Gaiferos de Mormaltán
02 Jesús Pérez Saburido
O Sil
03 Antón Castro
A pastora fiel
04 Víctor Soto e Iván Abal
Xota de Negreira
05 Jaime Rebollo e Rafael Maquieira
Canto de Toutón
06 Iván Costa
A miña burriña
07 Paulo González Rodríguez
Prelude
08 Iván Abal e Paulo González Rodríguez
Variationen zur gesundung von arinuschka
09 Begoña Riobó
Marcha procesional e Fandango de Redondela
10 Tino Baz
Alalá de Bande
11 Xaime Rivas e Fabio Cebral
Alborada antiga de Ourense
12 Ariel Ninas
Improvisación I: homenaxe a F. S.
13 Lucía Comesaña e David Bellas
Alea iacta est
14 Óscar Fernández
Rosiña e mailo trasno
15 Pablo Bernárdez e Óscar Fernández
Típica
16 Gutier Álvarez
Bumeigho e Jota castellana
17 Luís Caruncho e Carlos do Viso
Foliada de Padroso
18 Anxo Pintos
Alalá dos Elefantes. Microalalá do silencio. Limóns
19 Cayetano Amenábar
Marcha de Santa Lucía pra Rairo
20 Carlos Beceiro
Troula de Campañó

 

DIRECCIÓN: Cástor Castro
ASESORAMENTO MUSICAL: Cástor Castro, Félix Castro e Pancho Álvarez
PRODUCIÓN DA GRAVACIÓN: Abana Eventos, Sonorde e Difusora de Letras, Artes e Ideas
GRAVACIÓN: José Luis Cardoso, Diego Basadre e Óscar del Río
MESTURAS: José Luis Cardoso, Diego Basadre e Cástor Castro