Os instrumentos musicais na tradición galega

«Os instrumentos musicais na tradición galega»

68€

Depósito legal: OU 193-2009
ISBN: 978-84-937421-5-7
456 páxinas, 86 páxinas en bitono, e 370 páxinas en cor
Capas en cartonciño estucado impreso a unha tinta con sobrecuberta a catro tintas
Primeira edición: decembro de 2009

Esgotado

Código: 978-84-937421-5-7
Categorías: ,

Pablo Carpintero Arias e Xoán Ramón Marín Martínez recollen, como eles mesmos din, a nosa riqueza de instrumentos musicais e aproxímannos á súa historia.

Trátase dun traballo minucioso de descrición dunha realidade que, coma tantas outras, permaneceu ao longo dos anos no uso, no presente da vida das persoas e do xeito de se relacionar. A necesidade, hoxe en día, de aprehendela en forma de saber dá conta da posibilidade de transformarse nun pasado, nunha cuestión museística. Por iso, ademais da referida minuciosidade, este libro escribiuse nunhas coordenadas cualitativas que me gustaría analizar.