Na Vangarda 2004, Certame Galego de Novos Creadores. Banda Deseñada

«Na Vangarda 2004, Certame Galego de Novos Creadores. Banda Deseñada»

ISBN: 84-453-3924-9
104 páxinas en cor
Capas en cor
Encadernación en capa dura
Distribución: Xunta de Galicia/Galaxia
Primeira edición: decembro de 2004

Código: 84-453-3924-9
Categoría:

Obras gañadoras e seleccionadas do primeiro Certame de BD Na Vangarda.

O Certame Galego de Novos Creadores «Na Vangarda 2004», na súa modalidade de Banda Deseñada, buscaba traballos inéditos, de técnica e temática libres e cunha extensión mínima de dez páxinas, realizados nos formatos DIN A4 ou DIN A3.

O 1º Premio foi concedido a Cosme Fernández, pola obra «Non penso responder a túa carta»; o 2º Premio, a Alberto Vázquez, pola titulada «Xilenios»; e o 3º Premio, a Emma Ríos e David Rubín, pola obra «Corredora». Nesta publicación engádense tamén os tres traballos finalistas: «Gaivotas», de Antonio Seijas; «Os mutantes», de Bernal; e «Cubo», de Jano.