Produción gráfica da exposición «Xoaquín Lorenzo Fernández: O carro e as xentes»

Do 17 ao 24 de maio de 2004, na rúa da Paz de Ourense.

Produción para o Concello de Ourense e a Área Comercial Auria, en colaboración co Museo Etnolóxico de Ribadavia. A exposición consistiu en tres carros tradicionais, con diferentes cargas e xunturas, e un obradoiro de fragueiro con pezas de carro, e foi inaugurada polo presidente da Real Academia Galega no Día das Letras. Difusora preparou os paneis-totems explicativos e mais o folleto da exposición.

Share on FacebookTweet about this on Twitter