Presentación do «Catálogo de músicos da Limia. Música tradicional»
Domingo 22 de maio de 2005, no Concello de Vilar de Santos e no Museo da Limia, ás 11 h.
Coa presenza de Delfín Caseiro e Cástor Castro (en representación do equipo de realización do libro), Xavier Paz (editor), Xosé Manuel Rodríguez (xerente do Inorde, patrocinador da edición) e Xosé Antón Jardón (alcalde de Vilar de Santos), ademais de arredor dunha trintena de músicos dos entrevistados no libro. O acto incluíu a interpretación ao vivo dalgunhas das pezas recollidas no traballo de campo do libro, a cargo de Cástor e Félix Castro, Iván Area, Roberto de Andrés, Soco Rúa e Xavier Paz, e finalmente, xa no Museo, a actuación de varios dos músicos tradicionais presentes no acto.