Outono Fotográfico

O Outono Fotográfico é o Festival Galego de Fotografía que se celebra dende 1983.

Catálogos Outono Fotográfico

 

Organiza nos meses de outubro, novembro e decembro, exposicións en espazos como galerías de arte, salas de exposicións institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude e de Cultura, rúas, prazas e cafeterías, por toda Galicia e tamén en Catalunya e Portugal e tamén talleres, videoproxeccións, e outras actividades relacionadas coa Fotografía.

Estrutúrase en:

  • Sección Oficial na que o Festival convida a autoras/es e curadoras/es
  • Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es
  • Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafas/os galegos xa falecidos
  • Inter Sección con traballos fotográficos singulares e/ou interdisciplinares
  • Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, certame internacional dotado con 16.000 euros.

 

 

 

XXXII Outono Fotográfico 2014

PORTADA-CATALOGO-XXXII-OUTONO-FOTOGRAFICO-2014Resúmen do programa. Desenvolveuse dende setembro de 2014 a abril de 2015
120 exposicións de fotografía: 87 exposicións individuais e 33 exposicións colectivas coa participación de 443 fotógrafas/os
90 espazos expositivos: 58 públicos e 32 privados
28 cidades en Galiza e 4 en Portugal
Convócase o III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea 
e fállase o II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
Realízase o II Campus do Outono e ademais realizaranse talleres, concursos, charlas, proxeccións…

VISITAR A WEB
CONSEGUIR O LIBRO DA 32 EDICIÓN

 

XXXI Outono Fotográfico 2013

 31 Outono Fotográfico 2013

Programa. Debido á súa amplitude adxuntamos só o resúmen:
123 exposicións: 82 exposicións individuais e 41 colectivas
559 fotógrafos/as
92 espazos expositivos: 50 públicos e 42 privados
26 institucións e 50 empresas privadas participantes
34 talleres e ademáis accións, charlas e certames

Edición de catálogo.

Creación, convocatoria, fallo e produción do I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

VISITAR A WEB
CONSEGUIR O LIBRO DA 31 EDICIÓN

 

XXX Outono Fotográfico 2012

 30 Outono Fotográfico 2012

Programa. Debido á súa amplitude adxuntamos só o resúmen:
116 exposicións de fotografía, 75 exposicións individuais e 41 colectivas
472 fotógrafos/as
92 espazos expositivos: 55 públicos e 37 privados
35 institucións participantes
40 empresas privadas participantes
Cursos, accións, workshops e certames

Edición de catálogo.

VISITAR A WEB
CONSEGUIR O LIBRO DA 30 EDICIÓN

 

IXXX Outono Fotográfico 2011

29 Outono Fotográfico 2011

 

VISITAR A WEB
CONSEGUIR O LIBRO DA 29 EDICIÓN
Share on FacebookTweet about this on Twitter