Organización do Foro do Feísmo
Sábado 19 e domingo 20 de novembro de 2004, no Centro Cultural Deputación de Ourense.
A esta convocatoria asistiron persoeiros dos máis diversos campos para debateren sobre o fenómeno do ‘feísmo’: Alexandre Alves Costa, Antón Baamonde, Xosé Manuel Beiras, Manuel Caamaño, Xan Creus, Sérgio Fernández, Camilo Franco, Pablo Gallego, Manuel Gallego Jorreto, Bieito Iglesias, Carolina Leite, Rubén Lois González, Xosé Lois Martínez Suárez, José Miranda, Begoña Muñoz, Xosé Otero Pombo, Chus Pato, Xerardo Pereiro, Manuel Rivas, Xosé Carlos Sierra, Teresa Táboas, Ana Vaz Milheiro, Xesús Vázquez e José Antonio Vázquez Martín. Actuaron como moderadores Fernando Dacosta, Xavier Paz, Alberte Pérez Rodríguez e Xosé Lois Vázquez. Para o Foro contouse cos patrocinios do Centro Cultural Deputación de Ourense, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a súa delegación en Ourense, a Concellaría de Urbanismo do Concello de Ourense, a empresa Construccións Otero Pombo e mais a Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Urbanismo). A partir dos relatorios e os debates producidos ao longo das doce horas que durou o Foro, a Difusora producirá un libro que pretende ser un punto de partida nas reflexións sobre o tema.