Organización e produción do Foro dos Maios de Ourense

Sábado, 27 de marzo de 2004, na Aula de Cultura de Caixanova, a partir das 11.00 h.

Actividade producida para a Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, contou con relatorios de Clodio González e Héctor Silveiro, e unha mesa redonda con eles e mais Lorinda Fernández, Francisco Espino e Xosé Carlos Sierra. A Xornada, que estivo validada con 10 horas para optar a créditos por parte da Universidade de Vigo, acabou cunha actuación dos regueifeiros Benito Lobariñas e Luís O Caruncho no café The Irish Clan.