O patrimonio inmaterial musical do país xa conta cunha obra de referencia: «Os instrumentos musicais na tradición galega»
Presentado o mércores 27 de xaneiro no reitorado da USC.
“Trátase dunha obra científica e rigorosa que pode ser analizada desde distintas perspectivas; única no mundo en canto que achega unha clasificación endóxena dos instrumentos que responde a nosa especificidade e ambiciosa xa que auna os criterios científicos cos divulgativos, a metodoloxía e a estética”, sinalou o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area, na presentación do volume que este mércores tivo lugar na Reitoría da USC en Santiago de Compostela e na que tamén tomaron parte o autor, Pablo Carpintero, os vicerreitores de Cultura da USC, Elvira Fidalgo e de Cultura e Comunicación da UDC, Luis Caparrós, e o director da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas, Xavier Paz.
Con debuxos de Xosé Ramón Marín Martínez, un dos máis renomeados debuxantes etnográficos de Galicia, é na actualidade membro do Orfeón Treixadura e percusionista do Grupo de música antiga Resonet, desenvolvido ao abeiro do Proxecto universitario galego Ronsel para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial conta cun estudiadísimo e excelente deseño por pate do estudio ourensán disigna edenia.
O autor Pablo Carpintero, é doutor en Ciencias pola USC, onde foi profesor de Bioquímica. Actualmente realiza un segundo doutoramento no Departamento de Historia da Arte da mesma Universidade sobre a gaita de fol, ademais de traballar no Proxecto Ronsel. Para a realización deste volume adicou dezaseis anos de investigación, cun extenso traballo de campo realizado por toda Galicia e o norte de Portugal, estendéndose ademais a áreas de lingua e cultura galegas como a zona do Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas de Zamora e San Martín de Trebello (Cáceres)…
www.lavozdegalicia.es
www.vieiros.com
duvi.uvigo.es
www.usc.es
www.xornalgalicia.com
www.galiciae.com
www.vigoalminuto.com
www.camerata.es