Lanzamento do libro «Seducidos pola filosofía» de Ramón Area Míguez

Ourense, 19 de Novembro ás 20.15 horas no Salón Nobre do Liceo.

O acto de presentación do libro estivo a cargo de Carme Adán, Secretaria Xeral de Igualdade, Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Ramón Area Carracedo e do Catedrático (xubilado) de Filosofía e autor do libro, Ramón Area Míguez.