Lanzamento en Santiago de Compostela do TOMO I de «Historias de Galiza»

Martes, 20 de maio de 2008, ás 11.30 h, no Centro Galego de Arte Contemporánea

O CGAC acolleu a presentación do primeiro dos cinco volumes que compoñerán a colección “Historias de Galiza”, unha obra de banda deseñada que, coa historia do noso país de marco de fondo, recolle diferentes creacións de cinco xoves autores. A obra, está patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. No acto de presentación participaron, ademais do guionista, Carlos Rafael, dous dos ilustradores, Idoia de Luxán e Jerónimo Piñeiro e o coordinador da obra, Benito Losada; o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela.