Lanzamento en Ourense do libro «Laisser faire. Os incendios en Galiza. Testemuños 2004-2006»
Venres día 6 de xuño de 2008 ás 20:30 h. no Centro Cultural Deputación Ourense [antigo Edificio Simeón], Rúa do Progreso, 30. Ourense
Intervirán, antes do coloquio co público: Xavier Paz, director de Difusora, Alba Vázquez Carpentier, autora do libro, Xosé Santos, Axente Forestal, e un representante dos Bombeiros Forestais, de Protección Civil e dos Bombeiros de Ourense.
Paralelamente proxectarase unha selección de fotos e textos da publicación, con sons dos traballos de extinción.