Feísmo
I Foro do Feísmo
«Feísmo? Destruír un país. A fin do territorio humanizado: un novo intracolonialismo»
Que é realmente o feísmo, de onde vén e até onde chegan as súas consecuencias? Hai moitos feísmos diferentes? É un fenómeno único ou multipolar? Despréndese dunha situación socio-política? Aliméntase de orografías imposíbeis? Pódese rastrexar historicamente? É endémico ou inducido? Coñecemos outras sociedades que o padezan? Debe chamarse feísmo? Todas estas preguntas e outras moitas foron tratadas no Foro do Feísmo, nunha tentativa de reflexionar sobre o problema na súa magnitude, para avaliar o «estado da cuestión».
PARTICIPANTES
Antón Baamonde, Xosé Manuel Beiras, Manuel Caamaño, Alexandre Alves Costa, Xan Creus, Álvaro Domingues, Sergio Fernández, Camilo Franco, Pablo Gallego, Manuel Gallego, Bieito Iglesias, Carolina Leite, Rubén Lois González, Xosé Lois Martínez Suárez, Ana Vaz Milheiro, José Miranda, Begoña Muñoz, Xosé Otero Pombo, Chus Pato, Xerardo Pereiro, Manuel Rivas, Carlos Santiago, Xosé Carlos Sierra, Teresa Táboas, Xesús Vázquez e José Antonio Vázquez Martín.
+ Unha lectura en 800 imaxes coordinada por Xavier Paz con fotografía de Alba Vázquez Carpentier.
– LIBRO –
Este volume ábrese co resultado dun traballo de campo con fotografías a cargo de Alba Vázquez Carpentier sobre a situación do noso territorio, con imaxes tomadas en diversos lugares de Galiza, agrupadas tematicamente, coa intención de ofrecer distintos modelos de paisaxe existentes no país e distintos graos e modos de entender o chamado feísmo.
A segunda parte do libro constitúena as contribucións de cada un dos participantes no Foro do Feísmo, así como a transcrición dos debates xerados nel. Déixase constancia así de máis de once horas dun interesantísimo intercambio de ideas que supón un primeiro paso na análise das agresións ao territorio no noso país.
Premios Irmandade do Libro 2006: Obra Editorial do Ano.
Finalista nos Premios da Edición 2006 da AGE na categoría Libro do Ano.
CONSEGUIR O LIBRO EN CASTELÁN
CONSEGUIR O LIBRO EN INGLÉS
VER MOSTRA EN PDF
II Foro Internacional do Feísmo
«Construír un país: a rehumanización do territorio»
Segunda edición do Foro do Feísmo á que foron invitados participantes de países en conflito ou con conflitos serios de orixe neocoloniais ou socioeconómicos que aportaran unha análise sobre a repercusión que teñen ditos conflitos sobre o territorio e ver analoxías e disimilitudes respecto do noso país.
PARTICIPANTES
Begoña Muñoz, Xosé Carlos Sierra, Xosé Lois Martínez, Antón Baamonde, Ignacio Ramonet, Manuel Gallego, Plácido Lizancos Mora, Juan Luis Dalda, Alexandre Alves Costa, Paulo Castro Seixas, Xerardo Pereiro, Xesús Vázquez, Pablo Gallego, Xan Creus, Rubén C. Lois González, José António Bandeirinha, Francesco Tonucci, Maria Aparecida Perez, Meir Margalit, Sandi Hilal, Alessandro Petti, Sergio Fernández, Camilo Franco, Álvaro Domingues, Manuel García Docampo, Francisco Diniz, Chus Pato, Hamma Mohamed Cori Emhamed, José António Bandeirinha.
VISITAR A WEB
– MOBILIARIO –
– CORPORATIVO –
– CATÁLOGOS –
«OCULTACIÓNS E INEXISTENCIAS»
Publicación co traballo fotográfico realizado por sete fotógrafas e sete fotógrafos respondendo á cuestión que se propón dende o título do libro: que é o que ocultamos ou decretamos “inexistente” na sociedade actual?
Fotografías de Matilde Álvarez, Javier Álvarez Soto, Emilio Araúxo, Emilio Cendón, Daniel Díaz Trigo, Federico García Cabezón, Carolina Martínez, María Meseguer, Vítor Nieves, Carme Nogueira, José Paz, Sara Sapetti, Alba Vázquez Carpentier e Marta Villoslada.
Textos de Teresa Táboas Veleiro, Manolo Figueiras e Xosé Lois Vázquez (curador do proxecto).
CONSEGUIR O LIBRO
«FEISMO ILUSTRADO»
Catálogo da exposición Feísmo ilustrado, con obra de 15 ilustradores e humoristas gráficos acerca das desordes urbanísticas. Traballos de Jacobo Fernández, Ánxeles Ferrer, Forges, Fran Jaraba, Leandro, Siro López, Xan López Domínguez, Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Miguelanxo Prado, Miguel Robledo, Kiko da Silva, Alberto Vázquez, Óscar Villán e Xosé Lois. Exposición comisariada por David Pintor ‘Pinto’.
CONSEGUIR O LIBRO
– TALLER DE ARQUITECTURA –
Coordinación
Alberte Pérez Rodríguez
Dirección
Xoán Creus Andrade
Pablo Gallego Picard
Participantes
Paloma Botas Ratera, Camilo Blanco Pampín, Gonzalo Blanco Pampín, Eva Cinos Galán, Eva María Doce Uzal, Nuria Eguren García, Candela García Parrado, Jaime García Sande,Antía García Varela, Sandra González Álvarez, Victor Grande Nieto, Liño Lema Tilve, Javier Moraña Fontán, Juan Rey Cortegoso, Roi Ríos López, Fiz Seixo Vázquez, Sara Terradillos de Miguel.