Exposición «A Balea Negra» no MARCO de Vigo

A balea negra

«A BALEA NEGRA foi unha exposición que tomou como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra.»

A exposición foi curadoriada por Pedro de Llano, producida polo MARCO de Vigo, e no marco de dita exposición, unha ampla sala do 1º andar, expuña unha escolma do «Arquivo Nunca Máis» que Difusora compilou a base de milleiros de aportacións co material que a creatividade popular xenerou espontáneamente aqueles meses.

Share on FacebookTweet about this on Twitter