EBA 5.0

Con motivo do 50 aniversario da publicación de A Esmorga de Eduardo Blanco Amor ideouse e executouse durante o ano 2009 unha acción cultural baseada en dúas grandes liñas:

• a revisión actualizadora polos novos creadores e as novas linguaxes artísticas da obra e as facetas de Eduardo Blanco Amor
• impulsar coñecemento a partir do Universo EBA

para conformar finalmente un único produto cultural con diferentes formatos no que participa un centenar e medio de novos creadores, estudiosos e activistas culturais.

1-LOGO-EBA-5

– OBRADOIRO CREATIVO DE CABEZUDOS –

As personaxes creadas por Eduardo Blanco Amor na súa novela inspiraron a creación dos Cabezudos de A Esmorga que foron realizados nun obradoiro dirixido por Manolo Figueiras e doados a cidade de Ourense.

– LIBRO –

«EBA 5.0. O universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois de A Esmorga»

Unha obra en 108 páxinas que dá entrada a diferentes textos e accións vinculadas con A Esmorga e con outras facetas de Eduardo Blanco Amor. Textos e accións en diferentes formatos e xéneros: a banda deseñada, o xogo de rol e o ensaio –histórico, artístico e sociolóxico– a música, os títeres ou o deseño gráfico.

EBA 5.0. O universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois d’A Esmorga

Indice:

Eduardo Blanco Amor Fotógrafo
«O Transo de Gladiador a Deus Conquistador. Un posíbel relato da vida e das imaxes de Eduardo Blanco Amor» de Xosé M. Buxán Bran que foi director da Sala AlterArte do Campus de Ourense, con fotografía de Eduardo Blanco Amor.
«A Beleza da Amizade ou a vida secreta das imaxes» de Alex Mene –autor da única tese doutoral sobre Eduardo Blanco Amor fotógrafo–.

Da Auria retratada por Blanco Amor á cidade do presente. Cambios sociais e urbanos na Esmorga de José Somoza Medina. Unha comparativa e un percorrido pola evolución e a transformación da cidade e dos tipos sociais da novela.

Tres de Troula. Xogo de mesa

Inspirado e localizado nos ambientes e espazos d’A Esmorga.
Guión: Grupo do Xogo de Rol da Casa da Xuventude.
Emilio Tilve e Marcos Fernández Vázquez.
Deseños: disigna edenia | Idoia de Luxán.

Noite de sombras. Banda deseñada

Relectura en banda deseñada dos tipos sociais e dos espazos d’A Esmorga en 2009.
Guión: Carlos Rafael Ramos.
Deseños: Jaime Eizaguirre.

A Obra Completa de Ramón Cabanillas. Outro cincuentenario das angueiras de Blanco Amor
de Luis Rei
Texto que relata os avatares da edición da obra completa de Ramón Cabanillas da que Eduardo Blanco Amor foi quen finalmente entregou á imprenta en Buenos Aires. No cincuenta aniversario da edición de A Esmorga e da Obra completa de Ramón Cabanillas.

 

– CD –

CD-Galleta-EBA-5

Relectura en clave musical dos ambientes, situacións e espazos de A Esmorga vista por unha selección de grupos musicais e bandas da cidade de Ourense (Galicia).

Grupos participantes: Banda Ourensons, Guezos, Os Perqtores, Gomes Mouro, Sólidos Galicianos, Animales Domésticos, Banda Municipal de Ourense, Capela Madrigalista, María do Ceo, Magritte, O Sonoro Maxín e Burgas Beat.

As voces intercaladas neste disco foron tiradas das presenzas das mulleres na Esmorga e foron interpretadas por Sabela Gago, Elena Seijo e Nate Borrajo de Sarabela Teatro.

 

– DVD –

DVD-Galleta-EBA-5

Obra inspirada nas Farsas para títeres de Eduardo Blanco Amor. A Compañía Viravolta dá vida a O horroroso crime do sacristán, unha peza de 40 minutos cunha posta en escena con marionetas de madeira e escenografía en madeira, teas e cartón á maneira dos espectáculos de títeres tradicionais representada nun teatriño de 2,50 x 3 x 2 metros. Para dous ou tres manipuladores e un músico.

Produción: Viravolta títeres, Difusora de Letras, Artes e Ideas e Alba Vázquez Carpentier.

 

CONSEGUIR O LIBRO

 

PARTICIPANTES
Universidade de Vigo. Sonorde. Sólidos Galicianos. Sarabela Teatro. Proxecto Ourensons. Programa Oralidade. Perqtores de Seixalvo. Pen Clube de Galicia. O Sonoro Maxín. Museo Municipal de Ourense. Magritte. Livraria Torga. IES Eduardo Blanco Amor. Guezzos. Gremio LiterAuria de Editores, Libreiros e Escritores de Ourense. Gomes Mouro. Festival de Cine de Ourense. disigna Edenia. Difusora de Letras, Artes e Ideas. Deputación de Ourense. Consellería de Cultura, Xunta de Galicia. Concello de Ourense. Compañía Viravolta. Centro Social A Esmorga. Casa da Xuventude de Ourense. Burgas Beat. Biblioteca da Deputación de Ourense. Banda Ourensons. Banda Municipal de Ourense.  Auditorio Municipal de Ourense. Asociación Xuvenil Ávalon. Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Animales Domésticos. AGADIC – Axencia Galega das Industrias Culturais. Abana Eventos. A Intercultural.

PATROCINADORES
Concello de Ourense, Concellaría de Cultura
Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo
AGADIC – Axencia Galega das Industrias Culturais

 

Share on FacebookTweet about this on Twitter