Difusora recibe o premio á Obra Editorial do Ano
O 23 de marzo de 2007, na cea de entrega dos Premios Irmandade do Libro, que organiza anualmente a Federación de Libreiros de Galicia, Difusora de Letras, Artes e Ideas foi galardoada co Premio á Obra Editorial do Ano polo libro Feísmo? Destruír un país. Os dous finalistas que non resultaron premiados foron a Diciopedia do Século 21, coprodución das editoriais Galaxia, Do Cumio e Do Castro; e a «Colección Rescate», da Editorial Alvarellos.
En decembro de 2006, o libro foi tamén finalista dos Premios da Edición, que concede a Asociación Galega de Editores; concretamente, do Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano. Nesa ocasión, porén, o premio foi para a novela Os libros arden mal, de Manuel Rivas.