Descripción
Dirección José García Calvo “Willy” (rutas e material cartográfico) e Mª Beatriz Vaquero Díaz (edición e elaboración da guía histórica).
Esta publicación, que auspician o INORDE (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico) e a Vicerreitoría do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), nace coa finalidade de dar a coñecer a estudantes, universitarios e á cidadanía en xeral, a peculiar beleza que encerra a provincia de Ourense a través dos seus monumentos, singulares paisaxes, canóns fluviais, flora e cantos elementos compoñen a Galicia do interior, compaxinando o xa coñecido como “turista viaxeiro” con percorridos por vieiros, corredoiras, camiños rurais e pistas que, dende distintos puntos da provincia, nos conducen a lugares tan emblemáticos como os elexidos nesta publicación.
Cremos que o título desta guía “Roteiros Culturais pola Provincia de Ourense” é o suficientemente explicativo da finalidade que se pretende conseguir: o solaz do corpo e da alma; e esperamos que sexa recibida con interese e agrado por aqueles que se propoñan percorrer os camiños que nela se describen.
O equipo de traballo intentou aunar tradición e progreso ao utilizar os procedementos propios do noso século XXI (G.P.S., foto aérea, cartografía actualizada…) para elaborar unha guía-axuda eficaz que conduza aos
amantes da ruta e da historia hacia estas verdadeiras xoias da arte medieval e moderna que compoñen o legado histórico-artístico da Provincia de Ourense.