Descripción
Textos de Antonio Blanco Rodríguez.
Edición para o Concello de Allariz.
A historia, os produtos, a técnica de elaboración e a realidade social actual da repostaría e dos artesáns alaricanos, cun apartado con receitas das sobremesas tradicionais e modernas.
Os doces, os chocolates e os licores, fundamentais nas sobremesas e non só, teñen en Allariz unha das súas máis antigas tradicións, na que o amendoado destaca con luz propia. Este libro repasa a historia, os produtos, a técnica de elaboración e a realidade social actual da repostaría e dos artesáns e artesás alaricanos. É un convite para degustar as delicias producidas en Allariz, que ademais contén un apartado con receitas das sobremesas tradicionais e modernas que tanta sona teñen dado á vila.