Descripción
Libro da XXXIII edición do Outono Fotográfico, Festival Galego de Fotografía. Contén recensión de todas as exposicións e accións formativas; fotografías, currículos e datos de galerías e outros espazos expositivos públicos e privados con textos curadoriais e sobre cultura e fotografía de: Xosé Carlos Sierra, José María Díaz-Maroto, Rita Ibarretxe, Eva F. Ferreira, José Manuel Lucía Mejías, Lola Dopico, Pedro Leão, Vari Caramés, Manuel Sendón, Álex Mene, Jesús Labandeira, Vítor Nieves e Xosé Lois Vázquez..
Son todos eles datos e coñecementos útis que constitúen un sólido corpo visual e teórico e que complementan á produción das autoras e autores posibilitando que outras programadoras/es poidan usalos como referencia nos seus futuros proxectos. Unha mostra representativa da fotografía contemporánea.